Catania
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||
Cidades metropolitanas | Metropolitan City of Catania (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 311.584 (2019) (1.703,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 182,9 km² | ||||
Altitude | 7 m | ||||
Comparte fronteira con | Aci Castello (pt) Tremestieri Etneo San Pietro Clarenza (pt) Belpasso (pt) San Gregorio di Catania (pt) Sant'Agata li Battiati (pt) Motta Sant'Anastasia (pt) Mascalucia Misterbianco (pt) Carlentini (pt) Gravina di Catania (pt) Lentini (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 729 | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Ádega de Catania | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Enrico Trantino (en) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Catania City Council (en) Circunscrición: sen valor, (Escano: 35) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 95121–95131 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 095 | ||||
Identificador ISTAT | 087015 | ||||
Código catastral italiano | C351 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 2002 (26ª Sesión) | ||||
Identificador | 1024-002 | ||||
Sitio web | comune.catania.it | ||||
Catania é unha cidade italiana de 296.453 habitantes e 770.000 na súa área metropolitana. É a segunda cidade máis grande de Sicilia, situada na costa leste da illa, capital da provincia de Catania.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está a medio camiño entre as cidades de Messina e Siracusa, ao pé do monte Etna. O clima en Catania é de tipo mediterráneo, o inverno xeralmente é de curta duración e con temperaturas máximas durante o día relativamente suaves, mentres o verán é de longa duración con temperaturas máximas moi altas, mesmo chegan a superar os 40 °C.
Historia
[editar | editar a fonte]Catania foi fundada no século VIII a.C. por colonos gregos e segundo os historiadores o nome da cidade deriva de “Katane” (raiado), polo territorio lávico do volcán Etna.
En 1434 Afonso V de Aragón fundou a Universidade de Catania, que a comezos do século XXI era unha das máis grandes do sur de Italia con 62.000 estudantes e dividida en 12 facultades. Catania foi destruída sete veces por terremotos e erupcións volcánicas, e a última catástrofe que se lembra foi no ano 1693.
Ao igual ca no resto da illa de Sicilia, en Catania fálase siciliano e italiano.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O estilo barroco do seu centro histórico foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO no 2002. As principais atraccións de Catania son a praza Duomo, o teatro romano, o Parco Bellini, o castello Ursino e a central Via Etnea.
Na praza Duomo está o Liotru, unha fonte de elefante considerada o emblema da cidade. Fronte a ela está a catedral de Santa Ágata, santa patroa da cidade. Do 3 ao 5 de febreiro celébranse as festas patronais.
Outros lugares característicos en Catania son o mercado do peixe sempre brillando con cores, sons e cheiros, e o mercado chamado “fera ´o luni” que está aberto todos os días.