[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Camiño Neocatecumenal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de outubro de 2022 ás 19:24 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
"Virxe do Camiño Neocatecumenal" - Icona de Francisco Argüello

Camiño Neocatecumenal é un movemento relixioso católico[1] (aínda que eles rexeiten a idea de movemento e prefiren a de "itinerario")que, segundo os seus estatutos —aprobados pola Santa Sé—, é delimitado como itinerario de formación católica ou fundación de bens espirituais.

Características

[editar | editar a fonte]

Os iniciadores e membros non se autodenominan movemento nin sociedade dado o carácter eminentemente catequizador do itinerario. Esta expresión é a usada polos documentos oficiais para referirse ó "Camiño Neocatecumenal" (cf. Decreto de aprobación ad experimentum dos Estatutos do Camiño Neocatecumenal, 29 de xuño de 2002.

Os seus iniciadores son os leigos españois Kiko Argüello e Carmen Hernández.[2] Eles dous xunto co sacerdote italiano Mario Pezzi formaban, até 2016, no denominado Equipo Itinerante Responsable Internacional[2] mais ó morrer Carmen Hernández en 2016, foi substituída por María Ascensión Romero.[3]

O Camiño Neocatecumenal creouse cunha primeira comunidade neocatecumenal en 1964[4] no barrio de Palomeras, na periferia de Madrid,[5] e estendeuse por todo o mundo. En España son coñecidos popularmente como lod "kikos"[6] e, na actualidade, están presentes en máis de 6.000 parroquias de 106 países, cuns 3.000 sacerdotes, 1.500 seminaristas e 78 seminarios Redemptoris Mater.

A Santa Sé defíneo como un "Itinerario de Formación Católica Postbautismal, válido para a sociedade e para os tempos de hoxe".

Nun primeiro momento, os seus Estatutos foron aprobados de forma temporal por cinco anos ("ad experimentum"), o 29 de xuño de 2002, polo Papa Xoán Paulo II. Posteriormente, a comezos do 2008 expediuse o decreto no que os estatutos se aproban definitivamente e o 13 de xuño de 2008, o Cardeal Stanisław Ryłko, Presidente dos Consellos pontificios, entregou o decreto de aprobación dos Estatutos do Camiño Neocatecumenal xunto ao seu texto final, o que reafirma este itinerario como parte estrutural da Igrexa Católica.

Críticas

[editar | editar a fonte]

En ocasións, especialmente antes da aprobación dos seus estatutos pola Santa Sé en 2008, o Camiño Neocatecumenal foi acusado por algúns medios de constituír un grupo fundamentalista[7] e polos seus críticos de ser un movemento ultraconservador.[4] Algúns sacerdotes e outros membros da Igrexa católica mostráronse remisos a permitir a entrada do Camiño Neocatecumenal nas súas parroquias, polas súas supostas singularidades doutrinais[8][9] e os seus comportamentos[10] e, dende o exterior do grupo, critícase o seu segredismo.[11]

  1. Andrés-Gallego 2004, p. 323
  2. 2,0 2,1 "Camino Neocatecumenal". obispadoalcala.org (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  3. "EL EQUIPO INTERNACIONAL". neocatechumenaleiter.org (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Bedoya, Juan G. (30 de decembro de 2012). "Si Kiko dice ven, lo dejo todo". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  5. "¿QUÉ ES EL CAMINO NEOCATECUMENAL?". neocatechumenaleiter.org (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  6. Veira Veira 2007, p. 102.
  7. Vidal, José Manuel (15 de setembro de 2002). "Kiko, un santo en camino". elmundo.es (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  8. Zoffoli, Enrico (3 de abril de 2006). "Las herejías del Camino Neocatecumenal (I)". panoramacatolico.info (en castelán). Archived from the original on 28 de marzo de 2015. Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  9. Zoffoli, Enrico (5 de xuño de 2010). "LETTERA DI P. ENRICO ZOFFOLI AI VESCOVI DI ALCUNE PRINCIPALI DIOCESI D'ITALIA". reocities.com (en italiano). Archived from the original on 15 de agosto de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  10. Llopis Perpinán, Santiago (16 de novembro de 2009). "El Arzobispo confirma a 44 jóvenes y un adulto en la parroquia El Patriarca San José de Valencia". camineo.info (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  11. Redacción (29 de xuño de 2008). "Kiko, la cólera de Dios". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Andrés-Gallego, José (2004). "Los "movimientos" en la historia religiosa reciente". En Pellistrandi, Benoît. L'histoire religieuse en France et en Espagne (en castelán). Madrid: Casa de Velázquez. pp. 321–332. 
  • Veira Veira, José Luis (2007). Las actitudes y los valores sociales en Galicia. Colección Monografías, nº 247 (en castelán). Madrid: Centro de investigaciones sociológicas. CIS. ISBN 8474764408. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]