[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xullo de 2011 ás 08:58 por ChongDae (conversa | contribucións) (interwiki)

Cali, oficialmente, Santiago de Cali, é a capital do departamento de Val do Cauca en Colombia e a terceira cidade máis poboada do país (censo de 2005). A Área Metropolitana de Cali está conformada polos municipios de Candelaria, Jamundí, Palmira e Yumbo e está entre as 150 maiores conurbacións do planeta. Foi fundada en 1536 e aínda que é unha das cidades máis antigas de América, non foi até a década de 1930 cando se acelerou o seu desenvolvemento até se converter nun dos principais centros económicos e industriais do país e o principal centro urbano, cultural, económico, industrial e agrario do suroeste colombiano.

Modelo:Link FA