CBERS
CBERS (China Brazil Earth Resources Satellite) ou ZY (Ziyuan) é unha serie de satélites artificiais civís colaboración entre China e Brasil.[1][2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites CBERS son satélites deseñados para a observación terrestre na busca e documentación de recursos e o estudo e observación do medio ambiente. Son operados polo CRESDA chinés e o INPE brasileiro. Os satélites usan o bus Phoenix-Eye-1 e levan a bordo cámaras gran angular e de alta resolución e sensores infravermellos. Usan dous módulos: un módulo de carga útil cos sensores e cámaras e o módulo de servizo, cos equipos de enerxía, control e comunicacións. Os satélites CBERS inxéctanse na órbita heliosincrónica, a alturas duns 770 km.[1][2][3][4]
Lanzáronse seis satélites CBERS entre 1999 e 2019, cun fallo, e todos a bordo de lanzadores CZ-4B chineses.[1][2][3][4]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3][4] | Data de lanzamento[1][2][3][4] | Foguete lanzador[1][2][3][4] | Notas[1][2][3][4] |
---|---|---|---|
CBERS 1 | 14 de outubro de 1999 | CZ-4B | Éxito |
CBERS 2 | 21 de outubro de 2003 | CZ-4B | Éxito |
CBERS 2B | 19 de setembro de 2007 | CZ-4B | Éxito |
CBERS 3 | 9 de decembro de 2013 | CZ-4B | Fallo |
CBERS 4 | 7 de decembro de 2014 | CZ-4B | Éxito |
CBERS 4A | 20 de decembro de 2019 | CZ-4B | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2022). "CBERS 1, 2, 2B" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Mark Wade (2022). "CBERS 3, 4, 4A" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CBERS 1, 2, 2B / ZY-1 01, 02, 02B" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CBERS 3, 4, 4A / ZY-1 03, 04, 04A" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CBERS |