[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Antimonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de maio de 2011 ás 12:58 por EmausBot (conversa | contribucións) (r2.6.4) (Bot: Engado: mrj:Сурьма)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

O antimonio é un elemento químico de número atómico 51, e que comparte coa auga a propiedade química de dilatarse ó baixar de certa temperatura. Está situado no grupo 15 da táboa periódica dos elementos e o seu símbolo é Sb.

Sabemos que os árabes chamaban "al ithmid" a un mineral que usaban as mulleres do antigo Exipto para embadurnar as cellas e a veces tamén a cara, nome relacionado con máscara. Tamén hai vasos e cerámica caldea, datados con 6000 anos de antigüidade, decorados con este mineral. Os gregos chamámbanlle "anthemonium". Aínda que o seu nome está relacionado co mineral do que foi extraído, a estibina, que é sulfuro de antimonio (Sb3S2). En latín o nome deriva, de novo, da propiedade de adornar ou embelecer que tiña o mineral estibina, marca, de ahí o seu nome "stibium". O símbolo do elemento, seguindo as reglas de Berzelius, non podía ser S porque xa fora asignado ao xofre, decídese entón denominalo Sb.

O nome actual de antimonium Débese ao alquimista sevillano do século VIII Abu Musa Yabir al-Sufi coñecido como Geber (721-815).

No 1604 un monxe, Basilius Valentinus (1565-1624) publica o seu libro Triumph-Wagen des Antimoni traducido como A carroza triunfal do Antimonio, no que se comparaba ao antimonio co mercurio na súa importancia para as transmutacións dos alquimistas, era como a quintaesencia da materia.

Véxase tamén

Outros artigos