Anne Rice
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Howard Allen Frances O'Brien 4 de outubro de 1941 Nova Orleáns, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de decembro de 2021 (80 anos) Rancho Mirage, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Relixión | Humanismo secular (pt) e catolicismo |
Educación | Universidade Estatal de San Francisco University of North Texas (en) Texas Woman's University (en) Richardson High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritora, novelista, guionista |
Período de actividade | 1976 - 11 de decembro de 2021 |
Membro de | |
Xénero artístico | Literatura de terror, literatura erótica e Fantasía |
Pseudónimo literario | Anne Rampling A. N. Roquelaure |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Stan Rice (1961–2002), morte do cónxuxe |
Fillos | Michele Rice, Christopher Rice |
Irmáns | Alice Borchardt |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, American Women Writers (en) |
Sitio web | annerice.com |
|
Anne Rice, nada en Nova Orleáns, Luisiana, o 4 de outubro de 1941 e finada o 11 de decembro de 2021,[1] foi unha escritora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada baixo o nome de Howard Allen O'Brien, dende pequena cambiou o seu nome a "Anne". Casou co defunto poeta e pintor Stan Rice en 1961, con quen tivo dous fillos, Michele en 1966 e que morreu de leucemia aos 5 anos de idade e o famoso escritor gai Christopher Rice (nado en 1978).
Dende pequena estivo interesada por temas de vampiros e bruxas. Na súa carreira coma escritora, tamén publicou cos pseudónimos Anne Rampling e A.N. Roquelaure, este último nos seus primeiros anos e para temas máis orientados a adultos. Os seus libros escritos baixo estes pseudónimos conteñen constantemente mesturas do horroroso co luxurioso, destacándose nas súas historias de ficción os sentimentos homoeróticos que senten os seus personaxes.
O seu primeiro libro, Interview With The Vampire escribiuno en 1973 e publicouse en 1976. No ano 1994 Neil Jordan realizou unha película baseada no libro e protagonizada por Tom Cruise e Brad Pitt e anos máis tarde realizouse outra película sobre o terceiro libro da serie The Vampire Chronicles, chamada Queen Of The Damned. O segundo libro da saga, Lestat, The Vampire converteuse nun musical de Broadway.
En decembro de 1998 a Rice diagnosticóuselle diabetes mellitus cando entrou nun coma diabético. Desde que empezou a tratar a súa condición con insulina, Rice foi unha activista para que a xente faga exames para diagnosticar a diabetes.
O 30 de xaneiro de 2004, Anne Rice anunciou que deixaría Nova Orleáns para mudarse ao suburbio de Jefferson Parish, Luisiana. Viviu soa desde a morte do seu esposo e a mudanza do seu fillo a outro estado.
Última etapa
[editar | editar a fonte]Nos seus últimos anos a popularidade de Anne Rice decreceu bastante, en parte polas malas acollidas da crítica literaria ás súas últimas obras. As obras finais, como Blood and Gold, a biografía dun dos seus personaxes máis queridos por ela e polos lectores, Marius, non tivo éxito de vendas, en parte debido á reciclaxe intelectual que a propia autora fixo dos seus libros.
Con este feito, finalizou a saga de The Vampire Chronicles e a de As bruxas de Mayfair sendo o último libro da serie Blood Canticle.
Libros
[editar | editar a fonte]The Vampire Chronicles
[editar | editar a fonte]- Interview With The Vampire (1976)
- Lestat, The Vampire (1985)
- Queen Of The Damned (1988)
- The Tale of the Body Thief (1992)
- Memnoch the Devil (1995)
- The vampire Armand (1998)
- Merrick (2000)
- Blood and Gold (2001)
- Blackwood Farm (2002)
- Blood Canticle (2003)
Novos contos de vampiros
[editar | editar a fonte]- Pandora (1998)
- Vittorio (1999)
As bruxas de Mayfair
[editar | editar a fonte]- The Witching Hour (1990)
- Lasher (1993)
- Taltos (1994)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne Rice |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial de Anne Rice (en inglés)