Acocho
Aparencia
O acocho ou agocho é un xogo infantil moi simple, consiste en que un dos xogadores debe atopar o resto dos xogadores que se agocharon previamente. Pódese xogar nunha eira, nun bosque, nun parque, nunha casa ou calquera outro sitio que teña lugares para agocharse.
Normas do xogo
[editar | editar a fonte]O xogo presenta moitas variantes como é habitual nos xogos populares. A modo de exemplo descríbese unha:
- Bótanse as sortes para saber que neno ou nena panda[1].
- O rapaz ou rapaza que panda apóiase sobre o antebrazo contra unha parede ou unha árbore.
- Canta a cantiga, cantarela ou cantilena do xogo (véxase máis abaixo).
- Conta até un número acordado, por exemplo, até 10.
- Mentres tanto os demais escóndense.
- O cativo ou cativa que panda sae á busca dos demais.
- Cando dá con algún, tócao e volve correndo ao lugar onde pandou e toca a parede ou árbore.
- Segue a buscar o resto dos xogadores e xogadoras até encontralos a todos.
- Se algún dos agochados volve ao lugar de pandar antes que o que pandou, berra algunha frase como "1, 2, 3, (e o seu nome)", podendo salvarse ou salvar a todos os demais consigo.
- Se o que panda encontra a todos os demais, o último atopado será quen pande no seguinte xogo.
Variantes do nome
[editar | editar a fonte]Este xogo pode chamarse de diversas formas[2]:
- Xogar ás agachadas.
- Xogar aos acochos.
- Xogar aos agochos.
- Xogar á lebrescura.
Cantigas do xogo
[editar | editar a fonte]O xogo vai frecuentemente acompañado dunha cantiga que se canta mentres un dos nenos ou nenas panda como[2]:
Un, dous, tres, zapatiño inglés, Sen mover as mans nin os pés.
Ou tamén:
Un, dous, tres,
Zapatiño quieto é.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Para botar as sortes – Orella pendella". Consultado o 2022-12-30.
- ↑ 2,0 2,1 "#DígochoEu Expresións relacionadas coa serie de moda". Consultado o 2022-12-30.