Atraco perfecto
Atraco perfecto | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Killing |
Director | Stanley Kubrick |
Produtor | James B. Harris, Alexander Singer |
Guión | Stanley Kubrick, baseado na novela de Lionel White Clean Break; diálogos de Jim Thompson |
Intérpretes | Sterling Hayden, Coleen Gray, Vince Edwards |
Música | Gerald Fried |
Fotografía | Lucien Ballard |
Montaxe | Betty Steinberg |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 1956 |
Duración | 83 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Intriga |
Na rede | |
Atraco perfecto[1][2] é unha película dirixida por Stanley Kubrick en 1956, co título orixinal en inglés de The Killing.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Johnny Clay (Sterling Hayden), despois de pasar cinco anos na cadea, decide dar o último golpe da súa vida: levar a recadación dun hipódromo, uns dous millóns de dólares. Selecciona meticulosamente os cinco homes que serán os seus colaboradores, e planea a estratexia do asalto cunha precisión insospeitada.
Na operación acompáñano o policía corrupto Randy Kennan (Ted De Corsia), Mike O'Reilly (Joe Sawyer), un home que necesita imperiosamente os cartos para curar a súa muller doente, George Peatty (Elisha Cook Jr.), un tipo pouco consistente que ve por todos lados pretendentes da súa atractiva muller Sherry (Marie Windsor), e Nikki Arane (Timothy Carey), un asasino profesional que debe disparar no hipódromo ao cabalo Relámpago Vermello, favorito para a sétima carreira.
Nese momento, grazas á confusión creada, a banda desvalixa a caixa forte onde están os cartos. Nikki morre polos disparos dun vixilante do aparcadoiro. Á parte diso o plan sae segundo o previsto, pero cando Johnny ten que levar os cartos ao grupo, a policía entra no local e ten lugar un cruzamento de disparos, polo que se dirixe ao aeroporto coa súa moza para dirixirse a Boston. Alí vense obrigados a facturar a maleta, e cando é transportada ao avión cae do vehículo, ábrese e os billetes comezan a voar. Canto están a escapar, son detidos pola policía.
Historia
[editar | editar a fonte]A película ten varios puntos en común con A xungla do asfalto (John Huston, 1950), tamén protagonizada por Sterling Hayden. Nela planéase igualmente un "atraco perfecto", que tamén é frustrado de xeito absurdo para compracer a censura e que os "malos" sexan castigados.
A película utiliza un sistema narrativo non lineal, e desde os distintos puntos de vista de todos os protagonistas.
Repartimento
[editar | editar a fonte]- Sterling Hayden como Johnny Clay
- Coleen Gray como Fay
- Vince Edwards como Val Cannon
- Jay C. Flippen como Marvin Unger
- Elisha Cook Jr. como George Peatty
- Marie Windsor como Sherry Peatty
- Ted de Corsia como Randy Kennan
- Joe Sawyer como Mike O'Reilly
- James Edwards como o empregado do aparcadoiro
- Timothy Carey como Nikki Arane
- Joe Turkel como Tiny
- Jay Adler como Leo o Usureiro
- Kola Kwariani como Maurice Oboukhoff
- Tito Vuolo como Joe Piano
- Dorothy Adams como Sr. Ruthie O'Reilly
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ciclo de cine "Grandes golpes, grandes fuxidas".
- ↑ La Voz de Galicia, 8 de agosto de 1992. Páx. 63