[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

tallo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Tallo
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «tallo».
Un cortador tallando carne nun tallo en moi mal estado
  • Pronuncia: /ˈtaʎo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

tallo (sg: tallo; pl: tallos)

  1. (Tecnoloxía) Banco pequeno, sen respaldo, para sentarse.
    • Exemplo: Os rapaces, sentados en cadanseu tallo, escoitaban os contos que lles contaba a avoa.

    • Sinónimos: banqueta
  2. (Tecnoloxía) Toro de árbore sobre o que se talla a carne ou se pica a leña.
    • Exemplo: O carniceiro tivo que repasar a superficie do tallo por orde do inspector.

    • Sinónimos: cepo, picadeiro, talleiro
  3. (Gandaría) Mesa baixa e inclinada sobre a que se sacrifica o porco na mata domiciliaria.
    • Exemplo: En maio, o porco vai ó tallo.

    • Sinónimos: banco
  4. (Medicina) Ferida que se fai cun coitelo, navalla ou calquera outro instrumento cortante.
    • Exemplo: Estaba facendo unha buxaina dun cacho de madeira e fíxose un tallo que case se leva o dedo.

    • Sinónimos: corte, tallada

Traducións


Castelán

Substantivo masculino

tallo (sg: tallo; pl: tallos)

  1. (Botánica) Talo.