[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

taco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «taco».
Tacos de queixo
Zapato de taco
Taco de longaìnza, típico de México
  • Pronuncia: /ˈta.ko/ (AFI)

Substantivo masculino

taco (sg: taco; pl: tacos)

  1. Calquera anaco de madeira groso e curto, e de forma máis ou menos regular, en particular o usado para tapar un burato ou introducir nun orificio.
    • Exemplo: Chantar un taco na parede, entre dúas pedras. O neno xoga cuns tacos de madeira

      .
  2. Anaco, xeralmente de pequeno tamaño e de calquera cousa, cortado con forma de prisma máis ou menos regular.
    • Exemplo: Un taco de xabón. Corta uns tacos de queixo para picar algo.

  3. Volume de papeis cortados de forma regular formando unha especie de caderniño groso.
    • Exemplo: O cobrador levaba varios tacos de billetes. Na oficina teño un calendario de taco.

  4. Morteiro.
    • Exemplo: Meu pai puxo un taco de cenorias

      .
  5. Comida lixeira que se toma entre horas, xeralmente a media mañá.
    • Exemplo: Os xornaleiros pararon o seu traballo para tomar o taco

      .
  6. Peza do zapato situada na parte posterior da sola, debaixo do calcañar, para levantar o .
    • Exemplo: Uns zapatos de taco alto. Despegóuselle o taco do zapato

      .
  7. Cilindro de papel ou de tea co que se apertaba a carga dun barreno ou dunha arma.
    • Exemplo: O taco facía que o proxectil saíse con máis forza

      .
  8. (Alimentación) Prato típico mexicano, que consiste nunha tortilla, xeralmente de millo, aínda que tamén de fariña triga; dobrada á metade e reenchida de diversos ingredientes.
    • Exemplo: Nalgús restaurantes galegos serven tacos.

  9. (Deportes) Vara de madeira que se emprega para impulsar as bólas de billar.
    • Exemplo: Desde que cambiou de taco, non fallou unha xogada

      .

Observacións

Naacepción seu sinónimo é tacón.

Traducións