[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

signo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «signo».
  • Pronuncia: /ˈsiɣ̞.no̯/ (AFI)
O signo de risco biolóxico é un símbolo convencional sen ningunha relación co que representa
Un signo tradicional cristián e a cruz que no mércores de cinza os sacerdotes debuxan na fronte dos fieis

Substantivo masculino

signo (sg: signo; pl: signos)

  1. Calquera cousa, fenómeno ou acción material que, por natureza ou convención, representa ou substitúe a outro ou a outra.
    • Exemplo: O fume é signo de que hai lume

      .
  2. Indicio, sinal de algo.
    • Exemplo: O seu rubor pareceume signo da súa indignación

      .
  3. Sinal ou figura que se emprega na escritura e na imprenta.
    • Exemplo: Signo de interrogación

      .
  4. Sinal que se fai a modo de bendición, como as que se fan na misa.
    • Exemplo: O cura fixo o singno da cruz

      .
  5. Figura que os notarios agregan á súa sinatura para singularizala.
  6. (Astroloxía) Cada unha das doce partes iguais en que se considera dividido o zodíaco.
    • Exemplo: Ti de que signo es?

      .
  7. (Matemáticas). Sinal ou figura que se usa nos cálculos para indicar a natureza das cantidades e as operacións que se teñen que executar con elas.
    • Exemplo: As figuras: +, -, x, son signos empregados en matemáticas

      .
  8. (Música) Sinal ou figura con que se escribe a música.
  9. (Música) En particular, sinal que indica o ton natural dun son.
  10. Configuración executada cuhna ou as dúas mans propia da lingua das persoas xordas ou xordocegas.

Termos relacionados