resto
Aparencia
- Etimoloxía: de restar.
- Pronuncia: /res.'to/ (AFI)
resto (sg: resto; pl: restos)
- Parte que queda dun todo.
- Exemplo: O moi lambón comeu a metade da torta e deixounos o resto.
- Exemplo: O moi lambón comeu a metade da torta e deixounos o resto.
- Nos xogos de envite, como o mus, cantidade que se considera para xogar e envidar.
- (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o tenis, xogador que devolve a pelota ao saque.
- (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o temis, acción e efecto de restar.
- (Deportes) No xogo de pelota e outros deportes, como o tenis, sitio onde se resta.
- (Matemáticas) Resultado da operación de restar.
- (Matemáticas) Número obtido tras unha división que, sumado ao produto do divisor polo cociente, dá o dividendo.
- (Química) Radical (agrupamento de átomos que intervén como unha unidade).
restos
- Corpo dun defunto.
- Exemplo: Aquí descansan os seus restos mortais.
- Exemplo: Aquí descansan os seus restos mortais.
- Refugallos, residuos, sobras, especialmente dunha comida.
- Exemplo: Os restos da comida botámosllos aos porcos.
- Exemplo: Os restos da comida botámosllos aos porcos.