guindastre
Aparencia
- Etimoloxía: do francés antigo guindas, do nórdico antigo vindâss, composto de vinda ("ventear") e ass ("pau"), do protoxermánico *windaną ("ventear") e *astaz ("póla").
- Pronuncia: /ɡinˈdastɾe̝/ (AFI)
guindastre (sg: guindastre; pl: guindastres)
- Aparello de elevación de cargas, do que existen moitos modelos, cun gancho ou culler no cabo dun cable, que se enrola arredor dun torno de tracción e levanta a carga que logo pode mover.
- Sinónimos: grúa (menos recomendable).
- Vehículo con este tipo de mecanismo, que pode levar outros vehículos.
- Sinónimos: grúa (menos recomendable).
- (Mobiliario) Cilindro de madeira que se adoita enganchar nunha trabe do faiado e do que saen radialmente e a diferentes alturas múltiples varas das que á súa vez se penduran os chourizos para afumar na lareira. Da angarela pende a gramalleira.