francés antigo
Aparencia
francés antigo
- (Linguas do mundo) Reagrupa do conxunto das linguas romances da familia das linguas de oïl faladas aproximadamente na metade norte do territorio francés actual, dende o século X ata o século XIV aproximadamente. Provén dunha forma do latín vulgar presente en toda a Romania. É seguido, historicamente, polo medio francés. Estas distincións temporais do estado da lingua foron definidas non obstante de modo relativamente arbitrario e recente polos lingüistas. Dende o punto de vista dos locutores, a evolución era pouca ou non sentida, posto que o latín evolucionou cara ao francés de modo continúo e progresivo, sen que un corte sexa percibido entre diferentes estadios desta evolución.