entre
Aparencia
- Pronuncia: /ˈentɾe̝/ (AFI)
entre
- Indica a situación dunha cousa ou acción, no medio con respecto a outras que están ou ocorren unha antes e outra despois.
- Exemplo: A vila está entre dous ríos. Non comín nada entre o almorzo e a cea.
- Exemplo: A vila está entre dous ríos. Non comín nada entre o almorzo e a cea.
- Indica que algo participa das características de dúas cousas no medio das cales está situado, pero sen identificarse por completo con ningunha delas.
- Exemplo: Este vestido ten unha cor entre encarnada e amarela.
- Exemplo: Este vestido ten unha cor entre encarnada e amarela.
- Indica que algo ou alguén está incluído dentro dun grupo.
- Exemplo: Non está entre os meus mellores amigos.
- Exemplo: Non está entre os meus mellores amigos.
- No medio de, no interior de.
- Exemplo: Atopeino entre a roupa.
- Exemplo: Atopeino entre a roupa.
- Indica comparación ou relación entre dúas ou máis persoas ou cousas.
- Exemplo: Cal é a diferenza entre un e outro?
- Exemplo: Cal é a diferenza entre un e outro?
- Indica cooperación ou intervención de dúas ou máis persoas ou cousas.
- Exemplo: Entre todos remataron o traballo axiña.
- Exemplo: Entre todos remataron o traballo axiña.
Termos relacionados
• entre-