[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

dixital

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «dixital».
  • Pronuncia: /diʃiˈtal/ (AFI)
dixital1

Adxectivo

dixital (sg: dixital; pl: dixitais)

  1. Pertencente ou relativo aos dedos.
  2. Por extensión, que ten forma semellante a un dedo.
  3. Que presenta o resultado dunha medida con números díxitos. Aplícase aos aparellos e instrumentos.
dixital2

Substantivo feminino

dixital (sg: dixital; pl: dixitais)

  1. (Botánica) Planta herbácea da familia das escrofulariáceas, Digitalis purpurea Linné, bienal, de 60 a 150 cm de altura, cunha roseta basal da que xorde o caule; follas ovatolanceoladas, as da roseta basal pecioladas e as do caule co pecíolo cada vez máis curto segundo van ascendendo, até chegar a seren sésiles; flores cigomorfas, en forma de dedal, de 4 a 5 cm de lonxitude e cor purpúrea con manchas máis escuras no interior, reunidas en acios unilaterais, e froito en cápsula. É propia das rexións atlánticas de Europa e o norte de África, onde medra en terreos silíceos. Contén diversos alcaloides, como a dixitalina, utilizándose en medicina popular como tónico cardíaco.
Dixital ou dixital purpúrea Digitalis purpurea L.

Termos relacionados

Traducións