[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

débil

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego

Adxectivo

débil (sg: débil; pl: débiles)

  1. De pouco vigor ou de pouca forza ou resistencia, no sentido físico ou no moral.
    • Exemplo: Leva unha tempada moi débil. Tes un carácter moi débil, axiña se te convence

      .
  2. Que por floxedade de ánimo cede facilmente ante a insistencia ou o afecto.
  3. Escaso ou deficiente no físico ou no moral.
  4. (Fonética) Dito dunha sílaba, que é átona.
    • Exemplo: Unha sílaba débil é aquela sobre a que non recae o acento prosódico nunha palabra

      .
  5. (Química) Dito dun ácido ou dunha base, que teñen un grao de ionización moi baixo.
    • Exemplo: O ácido acético é un ácido débil. Un exemplo de base débil é o amoníaco

      .

Observacións

Termos relacionados