corentena
Aparencia
- Pronuncia: [ko.ɾɛnˈte.nɐ] (AFI)
corentena (sg: corentena; pl: corentenas)
- Conxunto de corenta unidades.
- (Medicina) Período de tempo durante o cal se mantén unha persoa ou animal (ou un grupo deles) illado de calquera contacto con outros animais e baixo control veterinario. Aplícase como medida preventiva antes de autoriza-la entrada no país ou rexión, evitando así a introdución de enfermidades contaxiosas.
Observacións
O nome vénlle de que, inicialmente, mantíñanse illados durante 40 días. Na actualidade, o período de corentena é moi variable e depende da orixe e das enfermidades que se sospeiten.