[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

compromiso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: /kom.pɾo.ˈmi.so/ (AFI)

Substantivo masculino

compromiso (sg: compromiso; pl: compromisos)

  1. Obriga que alguén contrae por un acordo, documento, promesa, etc.
    • Exemplo: Un compromiso verbal. Pola súa enfermidade anulou todos os seus compromisos.

  2. Acordo pactado entre distintas partes.
    • Exemplo: Foron capaces de chegar a un compromiso.

  3. Promesa de matrimonio.
    • Exemplo: Luís e Laura anunciaron nas redes sociais seu compromiso ao ano de coñecerse

      .
  4. Dificultade pola que pasa alguén.
    • Exemplo: Estou nun compromiso.

  5. Delegación que, para prover certos cargos eclesiásticos ou civís, fan os electores nun ou máis deles a fin de que designen ao que teña que ser nomeado.
    • Exemplo: O Compromiso de Caspe.

  6. (Dereito) Convenio entre litigantes, polo cal someten seu litixio a árbitros ou amigábeis compoñedores.
  7. (Dereito) Escritura ou instrumento en que as partes outorgan un compromiso.

Termos relacionados

contrato de compromiso, de compromiso, sen compromiso