[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

carro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «carro».
  • Pronuncia: [ˈkaro̝] (AFI)

Substantivo masculino

carro (sg: carro; pl: carros)

  1. (Carro) Vehículo de tracción animal destinado ao transporte de moi diversas cargas e materias, que consta xeralmente de rodas sobre a que vai unha estructura de táboas cuns soportes laterais ou canizos e rematada nunha peza longa ou cabezalla por onde se une ao xugo para que os animais poidan tirar.
  2. O que transporta ou pode transportar este vehículo.
  3. Utensilio con rodas para mover pequenas cargas.
  4. (Exército) Carro de combate.
  5. Aparello xiratorio empregado nos barcos para largar e recoller as redes.
  6. Peza móbil que posúe a máquina de escribir, que se move ao teclear.
  7. Grupo imaxinario de xente que segue unha idea ou interese.

Termos relacionados

Traducións

Véxase tamén


Partes do carro
acicarro - adival - afungadoiro - aixeda - amoradoiro - betoque - botoalla - brigueira - cabezalla - cabrita - cáceres - cadea - cádiga - caínza - camallón - camba - cambón - cancil - canga - canizo - cantadeira - cazoleta - chambaril - chantón - chavella - chaveta - cheda - chedeiro - cherca - contrarrellas - corre - coucillón - cueira - dentoira - empatías - eixo - espigo - estrobo - estadullo - freo - fungueiro - fura - gato - ladral - lamia - loro - mil - miñón - mozo - ollal - paínza - pebida - penle - ponte - ranqueiro - recadén - rella - roda - rodeiro - soliño - tentemozo - tilla - treitoira - xugo - zuncho