[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

culto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego

Adxectivo

culto (m: culto; f: culta)

  1. Que posúe unha sólida formación intelectual, que ten moitos coñecementos aprendidos pola lectura ou a instrución.
    • Exemplo: É unha muller moi culta con moitas lecturas

      .

Sinónimos

Antónimos

  1. Que posúe unha cultura e civilización avanzada [país, sociedade].
    • Exemplo: As nacións cultas de Occidente. Un pobo moi culto

      .

Antónimo

  1. Que denota esmero ou coidado na súa feitura ou no seu uso.
    • Exemplo: Estilo culto. Literatura culta. Emprega sempre palabras moi cultas

      .

Antónimos

  1. (Gramática) Dito dunha palabra, tomada como préstamo duna lingua clásica sen que experimente as transformacións fonéticas propias das voces populares ou patrimoniais.
    • Exemplo: Heliocéntrico é unha voz tirada do grego ἥλιος 'helios' "Sol" e κέντρον 'kentron' "centro"

      .
  2. Dito dunha terra ou dunha planta, que está cultivada.

Substantivo masculino

  1. (Relixión) Homenaxe relixiosa que se ofrece á divindade ou divindades en tributo de respecto e submisión ao seu poder sobrenatural.
    • Exemplo: Render culto a ídolos de pedra. O culto a Deus.

  2. (Relixión) Conxunto das cerimonias por medio das cales se manifesta externamente esa homenaxe.
    • Exemplo: Culto católico. Culto xudeu. Asiste aos cultos.

  3. (Figurado) Admiración ou estima extraordinaria por algo.
    • Exemplo: Render culto á amizade

      .

Sinónimos