[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

boi

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «boi».
Unha parella de bois aparellados para tracción.
Boi de raza Holstein ou frisoa.
Boi (crustáceo) (vista superior).
Boi (crustáceo) (femia vista inferior).
  • Pronuncia: /ˈboj/ (AFI)

Substantivo masculino

boi (sg: boi; pl: bois)

  1. (Gandaría) Touro castrado.
    • Exemplo: Un bo boi para o arado.

  2. (Gandaría) Touro semental.
  3. (Zooloxía) Crustáceo decápodo da suborde dos braquiúros e familia cáncridos, Cancer pagurus, de até 20 cm de lonxitude, co cacho ovalado, moito máis largo que longo, abombado e lixeiramente granulado, cos bordos con nove lóbulos arredondados a cada lado, de cor parda avermellada, quelípodos robustos, máis grandes nos machos e rematados en fortes pinzas cos extremos negros, e os catro restantes pares de patas peludas, o último máis pequeno, que vive no Atlántico oriental, desde as costas ibéricas até o norte de Noruega, e no Mediterráneo, desde a zona intermareal até os 200 m.

Termos relacionados

Traducións