[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

belaruso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Mapa de Belarús.
En azul escuro, falantes da lingua belarusa maioritarios.
En azul claro, falantes minoritarios
  • Pronuncia: /be.la.ˈɾu.so̯/ (AFI)

Adxectivo

belaruso (ms: belaruso; mpl: belarusos; fs: belarusa; fpl: belarusas)

  1. Da república de Belarús ou dos seus habitantes.
    • Exemplo: A declaración de independencia belarusa foi feita o 25 de agosto de 1991. Os belarusos son aliados dos rusos.

Substantivo

belaruso (ms: belaruso; mpl: belarusos; fs: belarusa; fpl: belarusas)

  1. Persoa natural ou habitante de Belarús.
    • Exemplo: Tenista belarusa.

Substantivo masculino

belaruso

  1. Lingua falada en Belarús e nalgúns territorios próximos de Polonia, Rusia, Ucraína, Estonia e Lituania.
    • Exemplo: O léxico do belaruso está maís relacionado co ucraíno ca co ruso.

Observacións

Para todas as acepcións é sinónimo bielorruso.