adestrador
Aparencia
- Pronuncia: /aðɛstɾaˈðoɾ/ (AFI)
adestrador (ms: adestrador; mpl: adestradores; fs: adestradora; fpl: adestradoras)
- (Profesións e deportes) Profesional encargado de facer que os deportistas realicen os exercicios físicos adecuados indicados polos doutores, de velar pola saúde dos xogadores, estudar as estratexias dos equipos ou deportistas contrarios, deseñar as estratexias para o seu equipo, infundir motivación, dar consellos, etc.