[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Conversa:h

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

A ver quen me pode sacar deste lío: uns prontuarios, como este, din que esta letra se chama agá, mentres outros (exemplo) din que se chama hache. Polo de pronto no VOLG só ven hache.
Furagaitas 00:12, 30 abril 2008 (UTC)

  • Nas NOMIG só aparece a forma hache.--88.22.220.126 21:54, 30 abril 2008 (UTC)
  • Pois non o entendo. ¿Daquela de onde saliron as versións das NOMIG nas que lle chaman agá? (véxase primeiro exemplo que puxen). Furagaitas 22:37, 30 abril 2008 (UTC)
    • Eu teño a version en papel da edición das Normas orthográficas e morfolóxicas do idioma galego, RAG e ILG, de 1982, publicadas nuha edición no 2005 : a lettra h llamase hache e é unha grafía sen valor fonético que se manten como signo ortográfico tanto en posición inicial, interior ou final de palabra, ainda que na lingua medieval eliminabase en moitas palabras. Non vexo que poida llamarse agá Elvire 23:37, 30 abril 2008 (UTC)

O nome oficial márcao a RAG non a Asociación de escritores en lingua galega. "agá" é a forma que usan en portugués e os lusistas/reintegracionistas. Ademais se a buscas no VOLG non hai ningún agá con til (está "aga" como sinónimo de "agás"). Aproveito que estamos os tres habituais para discutir un punto filosófico, sobre a norma e as entradas. Propoño que:

  • O que estea no VOLG como tal se cree como é. Se no VOLG está "estabelecer" e "establecer" se poderían crear as dúas entradas. Pero para os vulgarismos/castelanismos/lusismos/barbarismos/-ismos faría unha redirección salvo que a entrada teña que constar para outra lingua (como en "tu", onde está para ES)
  • As entradas noutras linguas só teñan a referencia/remisión (non redirección) ó galego, sen { {-trad-} } e traducións (como en Galician, Galizisch, galicyjski, gallego e familia).
  • Nas traducións e referencias se engadirían sempre en minúscula, para non complicarnos. Nas traducións, asumiría tamén o uso repetido de modelos de linguas para cada forma (Entrada "galo":
inglés: cock
inglés: chicken
inglés: rooster ...

do mesmo xeito que:

inglés: cock, chicken, rooster ...)

Por outra banda, grazas polas ligazóns. Sobreira (parlez) 11:18, 1 maio 2008 (UTC)


Non quixera facerme pesado co tema, e acepto que se no VOLG e mais no documento que hai na páxina da RAG lle atribúen o nome hache case non paga a pena darlle máis voltas. Porén, en dous documentos en PDF que descarguei no 2004 (creo que os dous, pero polo menos un era da páxina do Consello da Cultura Galega) figura que o nome desta letra cambiaba para agá. Os documentos dos que falo son: un, un resumo dos cambios que no 2003 se fixeron nas NOMIG, e o outro, o texto completo desa reforma. Non sei se se tratou dun malentendido ou dunha rectificación posterior, pero... ¡ei vos vai!.
Sobre as propostas que fixo User:Sobreira prefiro dar a miña opinión na Wiktionary:Taberna.
Furagaitas 15:58, 1 maio 2008 (UTC)

Iniciar unha conversa sobre "h"

Iniciar unha conversa