[go: up one dir, main page]

Skip to content

digiKam

Categories:   Gráficos
Xestor da fila do lote de digiKam.
Editor de imaxes de digiKam.
Importación desde cámara de digiKam.
Mesa de luces de digiKam.
Vista de etiquetas de digiKam.

digiKam é unha aplicación libre de xestión avanzada de fotos dixitais que funciona en Linux, Windows e macOS. A aplicación fornece un conxunto moi completo de ferramentas para importar, xestionar, editar e compartir fotos e ficheiros RAW (imaxes en cru). Pode usar as funcionalidades de importación de digiKam para transferir facilmente fotos, ficheiros RAW e vídeos da cámara e de dispositivos de almacenamento externo (tarxetas SD, discos USB, etc.). A aplicación permítelle configurar a importación e regras que procesan e organizan os elementos importados sobre a marcha.

digiKam organiza fotos, ficheiros RAW e vídeos en álbums. Pero a aplicación tamén ten potentes ferramentas de etiquetaxe que permiten asignar etiquetas, cualificacións e lendas a fotos e ficheiros RAW. Pode usar a funcionalidade de filtro para atopar rapidamente elementos que coinciden cuns criterios concretos.

Ademais da funcionalidade de filtro, digiKam ten capacidades avanzadas de busca na súa biblioteca de fotos mediante un gran número de criterios. Pode buscar fotos por etiqueta, lenda, cualificación, datos, localización e mesmo por metadatos concretos de Exif, IPTC ou XMP. Tamén pode combinar varios criterios para facer buscan máis avanzadas. digiKam usa a biblioteca Exiv2 para xestionar o contido de etiquetas de metadatos de ficheiros para encher a biblioteca de fotos.

digiKam pode manexar ficheiros RAW e usa a excelente biblioteca LibRaw para descodificalos. A biblioteca está activamente mantida e actualízase regularmente para incluír compatibilidade cos últimos modelos de cámaras. digiKam tamén pode xestionar ficheiros de vídeo para catalogar, e a aplicación usa motores de FFmpeg para extraer metadatos e reproducir contido multimedia.

A aplicación fornece un conxunto de ferramentas de edición moi completo. Inclúe ferramentas básicas para o axuste de cores, recorte e enfoque, así como ferramentas avanzadas para axuste de curvas, combinación panorámica, e moito máis. Unha ferramenta especial baseada na biblioteca Lensfun permite aplicar corrección de lentes automaticamente en imaxes.

A funcionalidade estendida de digiKam impleméntase mediante un conxunto de ferramentas baseado nun mecanismo de complementos (chamado DPlugins, i.e. complementos de digiKam). Os complementos poden escribirse para importar e exportar o contido de servizos web remotos, engadir novas funcionalidades para editar imaxes, e procesar varias fotos de golpe.

Funcionalidades:

  • Organización de fotos en álbums e subálbums (con funcionalidade de etiquetas e comentarios).
  • Compatíbel con Exif, Iptc, Xmp e Makernotes.
  • Almacenamento mediante SQLite ou MySQL para o contido dos álbums e os seus metadatos con ferramentas de busca avanzadas.
  • Permite filtrar e ordenar os álbums.
  • Permite importar desde máis de 1100 dispositivos de cámara dixital.
  • Compatíbel con imaxes en máis de 900 formatos en cru (RAW).
  • Táboa de luz para comparar fotos unha ao lado da outra.
  • Funcionalidades estendidas usando ferramentas adicionais.
  • Permite compartir imaxes usando HTML ou publicándoas en servizos web remotos.
  • Inclúe un editor de imaxes con ferramentas avanzadas para arranxar fotos rapidamente.
Install on
Linux
This button only works with Discover and other AppStream application stores. You can also use your distribution’s package manager.
Get it from the Snap Store

Releases RSS

8.5.0 2024-11-16
8.4.0 2024-07-14
8.3.0 2024-03-17
8.2.0 2023-12-03
8.1.0 2023-07-09
8.0.0 2023-04-16
7.10.0 2023-03-12
7.9.0 2022-12-04
7.8.0 2022-09-04
7.7.0 2022-06-26
7.6.0 2022-03-06
7.5.0 2022-01-16
7.4.0 2021-12-18
7.3.0 2021-07-11
7.2.0 2021-03-22
7.1.0 2020-09-06
7.0.0 2020-07-19
6.4.0 2019-11-09
6.3.0 2019-09-08
6.2.0 2019-08-04
6.1.0 2019-04-14
6.0.0 2019-02-10
5.9.0 2018-03-25
5.8.0 2018-01-12
5.7.0 2017-08-27
5.6.0 2017-06-11
5.5.0 2017-03-12
5.4.0 2017-01-08
5.3.0 2016-11-06
5.2.0 2016-09-18
5.1.0 2016-08-07
5.0.0 2016-07-03
4.14.0 2015-10-11
4.13.0 2015-08-30
4.12.0 2015-07-26
4.11.0 2015-06-14
4.10.0 2015-05-10
4.9.0 2015-04-05
4.8.0 2015-02-22
4.7.0 2015-01-25
4.6.0 2014-12-14
4.5.0 2014-11-09
4.4.0 2014-10-06
4.3.0 2014-09-08
4.2.0 2014-08-03
4.1.0 2014-06-22
4.0.0 2014-05-11
3.5.0 2013-09-29
3.4.0 2013-09-01
3.3.0 2013-08-04
3.2.0 2013-05-12
3.1.0 2013-03-10
3.0.0 2013-02-06
2.9.0 2012-09-02
2.8.0 2012-08-05
2.7.0 2012-07-08
2.6.0 2012-05-06
2.5.0 2012-01-08
2.4.0 2011-12-04
2.3.0 2011-11-06
2.2.0 2011-10-02
2.1.0 2011-09-04
2.0.0 2011-07-24
1.9.0 2011-02-19
1.8.0 2011-01-23
1.7.0 2010-12-19
1.6.0 2010-11-22
1.5.0 2010-10-10
1.4.0 2010-08-22
1.3.0 2010-06-07
1.2.0 2010-03-28
1.1.0 2010-01-31
1.0.0 2009-12-20
0.10.0 2009-05-30
0.9.5 2009-03-15
0.9.4 2008-07-16
0.9.3 2007-12-23
0.9.2 2007-06-13
0.9.1 2007-03-04
0.9.0 2006-12-18
0.8.0 2006-07-10
0.7.0 2005-05-21
0.6.0 2003-12-08
0.5.0 2002-10-03
0.4.0 2002-05-10
0.3.0 2002-06-07
0.2.0 2002-03-03
0.1.0 2001-12-24