híbrido
- Pronuncia: /'i.βɾi./ðo̯/ (AFI)
híbrido
(ms: híbrido; mpl: híbridos; fs: híbrida; fpl: híbridas)
- (Bioloxía) Dise do animal ou do vexetal que procede da unión de proxenitores xeneticamente diferentes.
- Exemplo: A mula é un animal híbrido.
- Exemplo: A mula é un animal híbrido.
- (Lingüística) Dise da palabra composta que está formada por elementos procedentes de linguas diferentes.
- Exemplo: A palabra 'televisión' é híbrida, cun elemento grego e outro latino.
- Exemplo: A palabra 'televisión' é híbrida, cun elemento grego e outro latino.
- (Química) Dise do orbital molecular ou do composto químico que sufriu unha hibridación.
- (Tecnoloxía) Dise do aparato ou do circuíto que contén compoñentes de diferentes tecnoloxías.
- (Tecnoloxía) Dise dun motor e, por extensión, dun vehículo, que pode funcionar tanto con combustíbeis como con enerxía eléctrica.
- Exemplo: Hoxe en día están de moda os coches híbridos.
- Exemplo: Hoxe en día están de moda os coches híbridos.
- Dito dunha cousa, que está producida con elementos de distinta natureza.
- Exemplo: Actualmente moitos complementos da vestimenta son híbridos, consturídos con tea, plástico ou metais.
- Exemplo: Actualmente moitos complementos da vestimenta son híbridos, consturídos con tea, plástico ou metais.