[go: up one dir, main page]

Galego
  •   Etimoloxía: de demo

  Adxectivo

endemoñado (ms: endemoñado; mpl: endemoñados; fs: endemoñada; fpl: endemoñadas)

  1. (Relixión, Mitoloxía) [Persoa] que está posuída polo demo.
    • Exemplo: Levaron á filla onda o cura do Corpiño porque parecía estar endemoñada.

    • Observacións: Úsase tamén como substantivo: Os endemoñados non son malos, fan o que fan por culpa do demo.
    • Sinónimos: posuído
    • Termos relacionados: exorcismo, conxuro, exconxuro
  2. (Por extensión) Que fai o mal á mantenta, que causa dano conscientemente.
    • Exemplo: Iso que fixo o cacique non ten nome, nin que estivera endemoñado.

    • Sinónimos: malvado, perverso
  3. (Por extensión) Que fai trasnadas.

Traducións