[go: up one dir, main page]

tvG2

canle de TV pública de Galicia
Revisión feita o 4 de novembro de 2012 ás 11:52 por Toliño (conversa | contribucións)

A tvG2[1], inicialmente chamada G2, é a segunda canle de televisión da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

tvG2
Inicio das emisións 2 de febreiro de 2009
Operado por TVG
Propiedade de CRTVG
Formato da imaxe 576i (SDTV 16:9)
Datos de audiencia 1% (outubro de 2012, Formulatv)
Slogan A outra galega
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central Santiago de Compostela
Nome(s) anterior(es) G2
Canle/s irmá(s) TVG
TVG Europa
TVG América
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT 61 (A Coruña)
40 (Santiago)
59 (Lugo)
62 (Ourense)
58 (Pontevedra)
Cable
R Dial 118
Televisión por Internet
TVG á carta TVG á carta

Na rede
Páxina web da CRTVG

Características

A súa programación de luns a venres está enfocada a un público infantil e xuvenil, e ten tamén espazos culturais e de divulgación. A fins de semana céntrase no ámbito deportivo, incluíndo retransmisións da Segunda división de fútbol e a Liga ACB.

A canle emite só en TDT as 24 horas do día, desde que o 14 de setembro de 2009 se presentase a nova grella de programación, na que a G2 é unha canle con programación completa. A súa cota de pantalla é do 0,8%

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas