tvG2
canle de TV pública de Galicia
A tvG2[1], inicialmente chamada G2, é a segunda canle de televisión da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.
tvG2 | |
---|---|
Inicio das emisións | 2 de febreiro de 2009 |
Operado por | TVG |
Propiedade de | CRTVG |
Formato da imaxe | 576i (SDTV 16:9) |
Datos de audiencia | 1% (agosto 2010, Formulatv) |
Slogan | A outra galega |
País | Galicia |
Lingua | Galego |
Área de emisión | Galicia |
Sede central | Santiago de Compostela |
Nome(s) anterior(es) | G2 |
Canle/s irmá(s) | TVG TVG Europa TVG América |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
TDT | 61 (A Coruña) 40 (Santiago) 59 (Lugo) 62 (Ourense) 58 (Pontevedra) |
Cable | |
R | Dial 118 |
Televisión por Internet | |
TVG á carta | TVG á carta |
Na rede
| |
Páxina web da CRTVG |
Características
A súa programación de luns a venres está enfocada a un público infantil, e ten tamén espazos culturais e de divulgación. A fins de semana céntrase no ámbito deportivo, incluíndo retransmisións da Segunda división de fútbol e a Liga ACB.
A canle emite só en TDT as 24 horas do día, desde que o 14 de setembro de 2009 se presentase a nova grella de programación, na que a G2 é unha canle con programación completa. A súa cota de pantalla é do 0,8%
Programas en prime-time (22.45)
- Luns: Cine.
- Martes: Fringe (serie)
- Mércores: Terra de Miranda (serie).
- Xoves: Cine.
- Venres: Cine.
- Sábado: Documentais e Eirado (cultural).
- Domingo: En xogo (resumo deportivo).