[go: up one dir, main page]

Riverdance é unha compañía de espectáculo teatral, formado principalmente por música e danza tradicional irlandesa, e produtos artísticos asociados, como audiovisuais e un filme de animación titulado Riverdance: The Animated Adventure.[1]

Riverdance
Tipoprodución teatral
Na rede
http://www.riverdance.com
IMDB: tt0136491 IBDB: 7545 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Riverdance xurdiu dunha composición de Bill Whelan, estreándose como un acto intermedio durante o Festival de Eurovisión de 1994. O espectáculo contou coa participación dos campións de danza irlandesa Jean Butler, Michael Flatley e o grupo vocal Anúna.

Pouco despois, o equipo de produción do matrimonio de John McColgan e Moya Doherty expandírono nun espectáculo teatral que se estreou en Dublín o 9 de febreiro de 1995. Desde entón, o espectáculo visitou máis de 450 lugares en todo o mundo e foi visto por máis de 25 millóns de persoas, sendo unha das producións de danza máis exitosas do mundo.[2]

En 2019 lanzaron o álbum do 25 aniversario.[3]

  1. Butler, Eamonn; Rosenbaum, Dave (2021-11-07). "Riverdance: The Animated Adventure". Consultado o 2024-11-03. 
  2. "Amazing fact's about the Irish dance phenomenon "Riverdance"". IrishCentral.com (en inglés). 2015-01-29. Consultado o 2024-11-03. 
  3. devriverdance (2019-12-06). "Bill Whelan Riverdance 25th Anniversary Album". Riverdance (en inglés). Consultado o 2024-11-03. 

Véxase tamén

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.