Santos García
agrarista e político galego
Juan Santos García Rodríguez, nado en Cesantes (Redondela), foi un agrarista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Cesantes, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarFillo de Santos García Casqueiro e Manuela Rodríguez Mós. Estivo emigrado na Arxentina. Retornou e instalouse en Cesantes. Traballou como canteiro municipal. Agrarista, foi secretario da Federación Agrícola de Redondela. Foi membro da mesa da II Asemblea Agraria de Galicia. Na República foi concelleiro de Redondela, continuou apoiando a Federación Agraria Provincial,[1][2] e foi elixido vogal da Federación Agraria de Redondela para 1936.[3] Pertenceu á masonaría.