[go: up one dir, main page]

Neurona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: | coauthors = → |autor2=, | coauthors= → |autor2= using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *electrodos e outros
Liña 11:
Moitas neuronas axústanse perfectamente a este esquema xeral, pero hai excepcións. Non hai neuronas que carezan de soma, pero hai neuronas sen dendritas, ou sen axón. Ademais, xunto coas sinapses típicas axodendríticas e axosomáticas, hai tamén sinapses axoaxónicas (de axón con axón) e dendrodendríticas (de dendrita con dendrita).
 
A sinalización sináptica é básica no funcionamento neuronal, e é en parte eléctrica e en parte química. A parte eléctrica depende das propiedades da membrana neuronal. Como toda célula, as neuronas están rodeadas por unha [[membrana plasmática]], constituída por unha [[bicapa lipídica]] con proteínas estruturais inseridas nela. Unha bicapa lipídica é un potente illante eléctrico, pero nas neuronas moitas das proteínas de membrana son electricamente activas. Entre elas hai proteínas que forman [[canle iónica|canles iónicas]] que permiten que os [[ión]]s flúan a través das membranas, e [[bomba iónica|bombas iónicas]] que transportan ións activamente dun lado ao outro da membrana. A maioría das canles iónicas son permeables só para tipos específicos de ións. A apertura dalgunhas canles iónicas está controlada pola voltaxe da membrana, o que quere dicir que poden cambiar entre un estado aberto ou pechado segundo varíe a diferenciadiferenza de potencial (voltaxe) a través da membrana. Outros son de apertura controlada quimicamente, o que significa que se abren ou pechan segundo interaccionen con substancias químicas que difunden polo fluído extracelular. As interaccións entre as canles iónicas e as bombas iónicas produce unha diferenciadiferenza de potencial a través da membrana, normalmente de algo menos de 1/10 de voltio inicialmente. Esta voltaxe ten dúas funcións: primeira, proporciona unha fonte enerxética para o conxunto de proteínas de membrana dependentes de voltaxe; segunda, proporciona unha base para a transmisión eléctrica do sinal entre diferentes partes da membrana.
 
As neuronas comunícanse por medio de [[sinapse química|sinapses químicas]] ou [[sinapse eléctrica|sinapses eléctricas]] nun proceso chamado [[sinapse|transmisión sináptica]]. O proceso fundamental que desencadea a transmisión sináptica é o potencial de acción, un sinal eléctrico que se propaga, e que se xera aproveitando as propiedades de [[potencial de membrana|excitabilidade eléctrica da membrana]] da neurona. Este fenómeno denomínase tamén onda de despolarización da membrana.
Liña 166:
|accessdate = 2009-06-20
}}
</ref> Como son de natureza similar ao axón humano pero moito máis grandes, as neuronas da [[lura]] son moito máis fáciles de estudar. Poden inserirse electrodoseléctrodos nos axóns xigantes da lura, e medir con precisión os potenciais de membrana.
 
A membrana celular do axón e do soma contén canles iónicas de apertura por voltaxe que permiten que a neurona xere e propague un impulso eléctrico (un potencial de acción). Estes impulsos son xerados e propagados por ións, que son os que levan as cargas eléctricas, como o sodio (Na<sup>+</sup>), potasio (K<sup>+</sup>), cloruro (Cl<sup>-</sup>), e calcio (Ca<sup>2+</sup>).