[go: up one dir, main page]

María Corredoira

pintora galega

María Carmen Corredoira Ruiz de Baro, nada na Coruña o 18 de maio de 1893 e finada o 17 de novembro de 1970,[1] foi unha pintora galega.

Modelo:BiografíaMaría Corredoira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Carmen Corredoira Ruiz de Baro Editar o valor en Wikidata
18 de maio de 1893 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de novembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor en Wikidata
Membro de

Galiciana: 360543 BNE: XX1580798 BUSC: corredoira-y-ruiz-de-baro-maria-del-carmen-1893-1970

Traxectoria

editar

Filla de Alfredo Corredoira e da ferrolá Ángela Ruiz de Baro, naceu na Travesa de Santo André. A súa vida transcorreu na cidade herculina, onde traballou nunha pintura de afiliación realista, aínda que dotada de evidente espiritualidade.

Iniciou a súa formación na Coruña baixo a dirección de Enrique Saborit[2][3] e posteriormente ampliouna en Madrid, con mestres como Eduardo Chicharro e José María López Mezquita. A súa obra mereceu distincións como a medalla de ouro na Exposición Rexional de Santiago en 1926. Foi membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes. En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos.[1]

 
Tumba de María Corredoira no cemiterio de Santo Amaro da Coruña

Non foron moitas as súas exposicións, aínda que os coleccionistas buscan esta pintura verdadeira, íntima, de excelente calidade formal, cun debuxo firme e unha paleta rica e sabia. Está representada nos museos de Galiza, como o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo ou o Museo Provincial de Lugo.

  1. 1,0 1,1 Marco, Aurora. (2020). Irmandiñas. Santiago de Compostela, Galiza, U.E.: Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-466-9. OCLC 1190653388. 
  2. "María del Carmen Corredoira y Ruiz de Baro". dbe.rah.es. Consultado o 2020-12-30. 
  3. "María Corredoyra". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-06-03. Consultado o 2020-12-30. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar