Criminal Minds
Criminal Minds é un serie de televisión estadounidense creada por Jeff Davis. Comezou a súa emisión o 22 de setembro de 2005 a través da canle CBS, e foi producida por The Mark Gordon Company, en asociación con CBS Television Studios e ABC Studios. Criminal Minds céntrase na Unidade de Análise do Comportamento do FBI de Quantico, Virxinia, e segundo o propio argumento da serie, Criminal Minds difire doutras series no enfoque que fai dos perfís dos criminais máis que do crime en si. A trama principal céntrase no traballo en equipo dun grupo de creadores de perfís de criminais e nas súas vidas persoais. On 11 de maio de 2015, a CBS renevou a serie para unha onceava tempada que se estreou o 30 de setembro de 2015.[1]
Criminal Minds | |
---|---|
Formato | Drama policiaco. |
Creado por | Jeff Davis |
Intérpretes | Mandy Patinkin Thomas Gibson Lola Glaudini Shemar Moore Matthew Gray Gubler A. J. Cook Kirsten Vangsness Paget Brewster Joe Mantegna Rachel Nichols Jeanne Tripplehorn Jennifer Love Hewitt |
País de orixe | Estados Unidos |
Temporadas | 16 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Mark Gordon Ed Bernero |
Duración | 42 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Formato de imaxe | 1080i (16:9 HDTV) |
Primeiro episodio | 22 de setembro do 2005 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.paramountplus.com/shows/criminal_minds/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contexto
editarCando empezou a emisión da serie en setembro de 2005, as personaxes principais eran os axentes do FBI Jason Gideon, Aaron Hotchner, Elle Greenaway, Derek Morgan, Spencer Reid, Jennifer Jareau (J.J.) e Penelope Garcia. Na primeira temada, Garcia non era parte do repartimento principal, pero converteuse nun personaxe habitual despois de aparecer en varios episodios. No 2006, ó comezo da segunda temapa, Lola Glaudini anunciou a súa marcha da serie, xa que non estaba feliz vivindo nos Ánxeles, onde se rodaba a serie, e desexaba regresar ó seu fogar de Nova York.[2] Paget Brewster substituíuna no seu papel de Emily Prentiss.
Ó comezo da terceira tempada, Mandy Patinkin anunciou a súa marcha da serie, xa que se sentía perturbado polo contido amosado na serie.[3] Deixou cartas de desculpa ós seus compañeiros explicándolles as súas razóns e desexándolles sorte a todos. Joe Mantegna substituíuno interpretando o papel David Rossi, un escritor e axente do FBI que sae do seu retiro. Durante a tempada tres, A.J. Cook quedou embarazada do seu primeiro fillo. O seu embarazo foi incorporado na serie, e o seu fillo real, Mekhai Andersen, tivo un papel menor como fillo de Jennifer, Henry. O baleiro de Cook foi completado por Meta Golding, que interpretou a Jordan Todd, unha axente do FBI que traballa na Unidade Contra o Terrorismo. Na sexta temporada, Jennifer foi forzada a aceptar unha promoción no O Pentágono, tendo que deixar a Unidade de Análise de Comportamento.
Máis tarde nesa tempada, Emily é aparentemente asasinada, e malia que ela sobrevive en realidade, non fai acto de presenza no resto da tempada. Foi substituída por Rachel Nichols como Ashley Seaver, unha cadete do FBI. A decisión da CBS de rematar o contrato con Cook e Brewster causou numerosas cartas de desgusto por parte dos fans para que o estudio as volvese a incorporar na serie. Como restultado, Cook e Brewster foron contratadas de novo pola CBS e recuperaron os seus papeis de Jennifer Jareau e Emily Prentiss respectivamente, o que motivou que Nichols abandonase a serie.[4][5] En febreiro de 2012, Brewster anunciou a súa marcha despois da sétima tempada,[6] e foi substituída na seguinte tempada por Jeanne Tripplehorn, que interpretou a Alex Blake, unha experta en lingüística.[7] Paget Brewster fixo unha aparición como convidada especial na novena tempada.
Despois de dúas tempadas, Tripplehorn abandonou a serie[8][9] e Jennifer Love Hewitt uniuse ó elenco como Kate Callahan, unha exaxente do FBI que se une ó BAU.[10] Durante a tempada dez, a personaxe de Mandy Patinkin, Jason Gideon, foi asasinado, acabando con calquera oportunidade de Patinkin de regresar.[11] Despois do remate da décima tempada, Hewitt e Cook anunciaron o seu hiato da serie por mor dos seus embarazos. Hewitt regresará na tempada doce,[12] mentres que Cook regresou despois dos cinco primeiros episodios da tempada once.[13]
Personaxes
editar- Aaron Hotchner: (interpretado por Thomas Gibson) é o xefe da Unidade. É un dos axentes máis experimentados, pero ten unha loita interna entre a súa vida persoal e a profesional e divórciase na terceira tempada da súa esposa Haley. Ten un fillo chamado Jack.
- Derek Morgan: (interpretado por Shemar Moore) é un axente especial e a miúdo con moito carácter. Tivo unha xuventude problemática debido á delincuencia pero un home sacouno diso, resultando despois ser pederasta que abusara de Derek na infancia. Mantén unha relación especial coa analista técnica Penélope García.
- Jason Gideon: (interpretado por Mandy Patinkin) é un axente especial superior, e é coñecido como o mentor do equipo. Despois dunha serie de casos e o asasinato da súa amiga Sarah foi suspendido durante dúas semanas polo xefe do equipo e abandónao deixándolle unha carta a Reid na súa cabaña.
- David Rossi: (interpretado por John Mantegna) é un axente especial superior cunha ampla experiencia que traballou para o equipo anteriormente e logo retirouse para escribir libros e dar conferencias sobre análises criminais, ata regresar voluntariamente despois da marcha de Jason Gideon. Casou tres veces.
- Jennifer “JJ” Jareau: (interpretada por A. J. Cook) é unha axente especial que das tempadas 1 á 5, servía como portavoz para as axencias de policía locais. Ao comezo da sexta tempada vaise forzada do equipo, destinada para o Pentágono. Regresa máis tarde para axudar a buscar a Emily Prentiss.
- Elle Greenaway: (interpretada por Lola Glaudini) é unha axente especial experta en abusos sexuais. Sofre un trauma emocional despois de ser disparada por un descoñecido. Logo, ela dispara a sangue frío a un home e Gideon e Hotchner cuestionan a súa habilidade e ela resígnase dándolle a súa pistola a Hotchner.
- Emily Prentiss: (interpretada por Paget Brewster) é unha axente especial, filla da embaixadora Elisabeth Prentiss, e fala varias linguas como árabe ou español. É aparentemente asasinada na sexta tempada pero regresa na sétima. Encántanlle os nenos.
- Dr. Spencer Reid: (interpretado por Matthew Gray Gubler) é un axente especial e un xenio licenciado en matemáticas, química e enxeñería, así como psicoloxía e socioloxía. Ten un coeficiente intelectual de 187, pode ler 20.000 palabras por minuto e ten memoria visual. É habitualmente presentado como o “Dr. Reid” para dar unha primeira boa impresión debido á súa idade.
- Penélope García: (interpretada por Kirsten Vangness) é a analista técnica do equipo e uniuse ao equipo despois de acceder ilegalmente aos seus equipos. Normalmente apoia ao equipo desde o seu laboratorio en Quantico e ocasionalmente únese a eles. Forma parte do grupo de apoio para quen sufriron algunha perda nas súas vidas.
- Ashley Seaver: (interpretada por Rachel Nichols) é unha cadete do FBI que adestra na cadea do FBI de Quantico, pero é introducida no equipo para axudar nunha investigación de asasinatos. Rossi permítelle acabar o seu adestramento no equipo baixo a supervisión da axente Prentiss.
- Dr. Alex Blake: (interpretado por Jeanne Tripplehorn) é unha experta lingüista do FBI. É profesora na Universidade de Georgetown que se une ao equipo despois de que Emily Prentiss marche para a oficina de Interpol de Londres. Aparece na estrea da oitava tempada.
Videoxogo
editarA CBS anunciou en outubro de 2009 que Legacy Interactive desenvolvería un videoxogo baseado na serie. O xogo precisaría xogadores para examinar escenas de crime para pistas para axudar a resolver os misterios dos asasinatos. Creouse no 2012 un xogo interactivo, pero non caracterizou ningunha das voces do casting da serie, nin o casting foi involucrado no proxecto. O 14 de marzo do 2012, a CBS renovou Mentes Criminais para a oitava tempada, a cal se estreou o 26 de setembro do 2012.[14][15][16]
Notas
editar- ↑ Bibel, Sara (11 de maio de 2015). TV by the Numbers, ed. "'The Good Wife', 'Hawaii Five-0', 'Person of Interest' & Many More Renewed by CBS". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2015. Consultado o 11 de maio de 2015.
- ↑ http://criminalmindsfanatic.blogspot.com/2006/12/criminal-minds-lola-glaudini.html
- ↑ Witchel, Alex. The New York Times, ed. "Mandy Patinkin: 'I Behaved Abominably'". Consultado o 21 de agosto de 2013.
- ↑ JJ Is Back! AJ Cook Inks 2-Year Deal To Return To 'Criminal Minds'
- ↑ "It's Official: Criminal Minds Welcomes Back Paget Brewster, Bids Farewell to Rachel Nichols". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2015.
- ↑ Andreeva, Nellie (15 de febreiro de 2012). Deadline.com, ed. "Paget Brewster To Leave 'Criminal Minds'". Consultado o 15 de febreiro de 2012.
- ↑ Digital Spy (ed.). "Big Love Jeanne Tripplehorn becomes Criminal Minds series regular". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2012.
- ↑ http://guardianlv.com/2014/08/criminal-minds-shares-details-on-alex-blakes-departure/
- ↑ http://www.tvguide.com/news/criminal-minds-finale-postmortem-exit-erica-messer-1081778/
- ↑ "Jennifer Love Hewitt joins 'Criminal Minds' as series regular". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2015.
- ↑ http://www.cinemablend.com/television/You-Won-t-Believe-Who-Criminal-Minds-Killed-Off-During-Last-Night-Shocking-Episode-69741.html
- ↑ http://www.ew.com/article/2015/05/06/jennifer-love-hewitt-exits-criminal-minds-season11
- ↑ Huggins, Sarah (7 de maio de 2015). "How 'Criminal Minds' Season 11 will handle A.J. Cook's pregnancy". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2015. Consultado o 28 de xuño de 2015.
- ↑ "Criminal Minds Game Blog". 1 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2021.
- ↑ CBS Interactive, ed. (29 de outubro de 2009). "CBS Consumer Products Announces Eight New Video Games Based on Popular TV Shows". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2010. Consultado o 20 de outubro de 2015.
- ↑ ShaveMagazine.com (ed.). "Interview: Thomas Gibson". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2020. Consultado o 10 de maio de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web (en inglés)