Carroucha de inverno
Carroucha de inverno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carroucha de inverno a florear na neve | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Erica carnea' L. |
A carroucha de inverno (Erica carnea; syn. E. herbacea, E. mediterranea) é unha especie de urce nativa das áreas montañosas do centro e do sur de Europa no leste dos Alpes, onde se pode encontrar en bosques de coníferas ou en abas pedrentas.
Descrición
editarÉ un arbusto miúdo que medra amodo, acadando de 10 a 25 cm de alto, perennifolio coas follas tipo arume de 4 a 8 milímetros de longo, que se presentan en espirais de catro. As flores prodúcense en acios a finais do inverno ou comezos da primavera, a miúdo comezando a florear mentres a planta aínda fica cuberta pola neve; a flor individual ten forma de campá, de 4 a 6 milímetros de longo, de cor avermellada a rosada escura, raramente branca.
Taxonomía
editarO primeiro nome publicado para a especie foi Erica herbacea; porén, o nome E. carnea (publicado tres páxinas máis adiante no mesmo libro) é tan amplamente utilizado, e o anterior tan pouco usado, que unha oferta formal para conservar o nome E. carnea sobre E. herbacea foi aceptado polo Congreso Internacional de Botánica en 1999.
Cultivo e usos
editarCultívase abundantemente como planta ornamental por mor á súa floración invernal; os seus máis de 100 cultivares foron seleccionados pola súa variación na cor da flor e da folla. A maioría das especies de Erica , son tolerantes de solos calcarios así como dos solos acedos, sendo doada de cultivar en moitas zonas.
Entre os cultivares máis comúns inclúense o ‘Aurea’, ‘Springwood Mix’, ‘Springwood White’ (branco) ou ‘Winter Sport’.
-
Erica carnea, cultivar da serie 'Springwood'
-
Talos e follas
-
E. carnea var. alba
-
E. carnea
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Heinz-Dieter Krausch: Kaiserkron und Päonien rot. Hamburg 2003
- Xaver Finkenzeller: Alpenblumen. München 2003, ISBN 3-576-11482-3
- M. A. Fischer, W. Adler und K. Oswald: Exkursionsflora für Österreich, Liechtenstein und Südtirol. Linz 2005, ISBN 3-85474-140-5
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carroucha de inverno |
- Germplasm Resources Information Network: Erica carnea
- ICBN: Lista de nomes Arquivado 23 de agosto de 2017 en Wayback Machine.