Zaza Ceballos
María Ignacia Ceballos González-Llanos, máis coñecida como Zaza Ceballos, nada en Abeancos, Melide,[1] é unha escritora, produtora e directora cinematográfica galega.[2]
Nome orixinal | María Ignacia Ceballos González-Llanos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Abeancos, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | produtora, directora de cinema, produtora de televisión, escritora |
Premios | |
Traxectoria
editarZara Ceballos é unha de das pioneiras do sector audiovisual galego.
Estudou Inglés e Literatura nos Estados Unidos de América, e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1985 comezou a traballar na Televisión de Galicia no Departamento de Información e na Oficina de Desenvolvemento das relacións exteriores da Corporación de Radio e Televisión de Galicia, pasando en 1987 a ocupar diversos postos de responsabilidade. Tamén foi membro da comisión de expertos para a concesión das axudas da Consellería de Cultura e responsábel de coproducións nacionais e internacionais. No ano 1998 fundou Zenit Televisión, empresa da que actualmente é a directora, e foi a produtora executiva de varios filmes, documentais e series de televisión destacando entre estes traballos os dedicados a Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal e Rosalía de Castro.[3] Ademais destes labores, é profesora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (campus de Ourense).[2]
Obra
editarEsta sección precisa reformularse seguindo unha orde cronolóxica. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Zaza Ceballos participou nas seguintes obras:[4]
- 2020 - El último show. Serie de TV. 8 episoios. Produtora executiva
- 2019 - Elisa e Marcela. Filme cine. Produtora, podutora executiva
- 2018 - Contou Rosalía. Filme de TV. Produtora
- 2016-2017 - Fontealba Serie de TV 140. 140 episodios. Produtora executiva
- 2017 - Juana de Vega. Vizcondesa do Arado. Serie de TV. 2 episodios. Directora e produtora
- 2016 - El milagro de Ferrol. Documenta. Produtora executiva
- 2015 - El hechizo genético de los Austrias. Documental. Produtora executiva
- 2015 - La Xirgu. Filme de TV. Produtora executiva, coprodutora
- 2013-2014 - El Faro. Serie de TV. 117 episodios. Produtora executiva
- 2012 - Concepción Arenal, a visitadora de cárceres. Filme de TV. Produtora executiva, produtora
- 2011 - Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde. Filme de TV. Directora, produtora executiva
- 2009 - O bonito crime do carabineiro. Filme de TV. Produtora executiva, produtora
- 2009 - Gondar. Serie de TV. 23 episodios. Produtora executiva, idea orixinal
- 2009 - Quen sabe...? Produtora executiva, idea orixinal
- 2009 - Cuestión de probabilidades. Produtora executiva, idea orixinal
- 2009 - Cre en min, crei en ti. Produtora executiva, idea orixinal
- 2009 - Agora. Produtora executiva, idea orixinal
- 2099 - Cripto. Produtora executiva, idea orixinal
- 2006-2008 - Maridos e mulleres. Serie de TV. 26 episodios. Produtora executiva, idea orixinal
- 2008 - Saúde, diñeiro e amor. Produtora executiva, idea orixinal
- 2008 - Quen foi?. Produtora executiva, idea orixinal
- 2008 - Homes... quen os necesita? Produtora executiva, idea orixinal
- 2008 - Unha cea fría. Produtora executiva, idea orixinal
- 2008 - Por que todo me sae choco?. Serie de TV. 27 episodios. Produtora executiva, idea orixinal
- 2008 - Astano, a forxa dun soño. Documental. Produtora executiva, idea orixinal
- 2008 - La bella Otero. Miniserie de TV. 2 episodios. Produtora executiva, produtora
- 2007 - Quart: El hombre de Roma. Serie de TV. 5 episodios. Produtora executiva
- 2007 - Los hijos de Loki. Produtora executiva
- 2007 - El secreto de los Borgia. Produtora executiva
- 2007 - Profecías. Produtora executiva
- 2007 - Manada de lobos. Produtora executiva
- 2007 - El hombre de Roma. Produtora executiva
- 2007 - L'Alqueria Blanca. Serie de TV. Produtora executiva
- 2007 - Música secreta. Filme de TV. Produtora asociada, coprodutora
- 2007 - Valderrei. Serie de TV. 4 episodios. Produtora executiva
- 2006 - Matrimonis i patrimonis. Serie de TV. Produtora executiva, produtora
- 2004 - Romasanta. A caza da besta. Filme. Produtora asociada
- 2004 - Cota roja. Filme de TV. Produtora executiva, produtora
- 2003 - La costa herida. Filme de TV documental. Creaora, produtora executiva, produtora
- 2003 - Cala reial. Filme de TV. Produtora executiva, produtora
- 2000 - Rías Baixas. Serie de TV Produtora exexutiva
Premios
editar- Medalla Emilia Pardo Bazán de 2021 polo seu labor centrado no recoñecemento á muller.[5][6]
- Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual 2021.[7][8]
Notas
editar- ↑ "Zaza Ceballos". LinkedIn. s/d. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Biografía en adictos al cine.com.
- ↑ Méndez, Paula (16 de xullo de 2021). "Zaza Ceballos y las asociaciones Alar y Mirabal, premios Emilia Pardo Bazán 2021". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ Zaza Ceballos. Producer, Writer, Director na Internet Movie Database.
- ↑ "La Xunta entrega las medallas Pardo Bazán en un acto en el que premiados instan a luchar contra la violencia machista". Europa Press Galicia. 16 de setembro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2021..
- ↑ Pan, José Manuel (16 de setembro de 2021). "El pazo de Meirás acoge la entrega de las medallas Pardo Bazán que organiza la Xunta". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de novembro de 2021.
- ↑ "Os Premios da Cultura Galega 2021 recaen en Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, 'Dígocho eu', o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina". Xunta de Galicia. 2 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro o de 2021. Arquivado 04 de novembro de 2021 en Wayback Machine.
- ↑ "Bernardino Graña, Natalia Lamas e Zaza Ceballos, premios da Cultura Galega". Nós Diario. 2 de novembro de 2021. Consultado o 4 de novembro o de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Intervención de Zaza Ceballos no acto na honra de Emilia Pardo Bazán celebrado na sala multiusos do campus de Ourense (UVIGO) (Vídeo).