Yukio Mishima
Yukio Mishima (三島由紀夫 Mishima Yukio?), pseudónimo de Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), nado en Toquio o 14 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de novembro de 1970, foi un novelista e dramaturgo xaponés. Escribiu máis de 40 novelas, poemas, ensaios e pezas modernas de teatro kabuki e noh.[1]
En 1988 creouse o premio Mishima para honrar a súa vida e obra.
Traxectoria
editarOrixes
editarYukio Mishima era o nome artístico utilizado por Kimitake Hiraoka (平岡公威 Hiraoka Kimitake?), que naceu na capital do Imperio do Xapón en 1925, onde tivo unha infancia problemática marcada por sucesos que máis tarde influíron fortemente a súa literatura. De neno foi separado dos seus pais e pasou a vivir coa súa avoa paterna, unha aristócrata ligada á era Tokugawa.[2] A avoa deixaba o neno afastarse da súa vista, de xeito que Kimitake tivo unha infancia illada.
Aos doce anos Kimitake volveu vivir cos seus pais e comezou a escribir as súas primeiras historias. Matriculouse nun colexio de elite en Tokio e seis anos despois publicou nunha revista literaria un conto que posteriormente foi editado en libro. O seu pai, un funcionario do goberno, estaba totalmente en contra das súas pretensións literarias. Nesa época adoptou o pseudónimo Yukio Mishima, en parte para ocultar os seus traballos literarios do coñecemento paterno. Foi recrutado polas forzas xaponesas durante a segunda guerra mundial, mais quedou fóra das liñas da fronte por motivos físicos e de saúde.[3] Este feito converteuse nun factor de gran remorso para Mishima que testemuñou a morte dos seus compatriotas e perdeu a oportunidade de ter unha morte heroica. Forzado polo seu pai, matriculouse na universidade de Toquio onde se formou en dereito. Trala graduación conseguiu un emprego no Ministerio de Finanzas.[4] No entanto, desgustouse tanto que acabou por convencer o seu pai a aceptar a súa carreira literaria. O seu pai, rudo e disciplinante dixo que xa que era escritor era mellor que se converterse no mellor escritor que o Xapón vise.
Inicio da carreira literaria
editarMishima tiña 24 anos cando publicou Confesións dunha máscara (面の告白 Kamen no Kokuhaku?),[4] unha historia sobre un mozo homosexual que precisa esconderse detrás dunha máscara para evitar a sociedade. A novela alcanzou un tremendo éxito literario, o que levou a Mishima á celebridade e continuou con outras publicacións e traducións, converténdoo nun autor internacionalmente coñecido. Yukio Mishima foi candidato en tres ocasións ao premio Nobel de literatura;[5] o último deles (1968) foi concedido ao seu amigo, Yasunari Kawabata[6], que o introducira nos círculos literarios de Tokio na década de 1940.
Despois da publicación de Kamen no Kokuhaku, Mishima adquiriu unha posición máis realista e activa, intentando deixar atrás o mozo fráxil e obsesivo. Comezou a practicar artes marciais e alistouse no Exército de Autodefensa xaponés, onde, un ano despois, formou o Tatenokai (Sociedade da Armadura), unha entidade de extrema dereita composta de mozos estudantes de artes marciais que estudaban o bushido baixo a disciplina e tutela de Mishima. Casou en 1958 con Yoko Sugiyama, tendo con ela un fillo e unha filla. Nos últimos dez anos da súa vida, traballou como actor en filmes e codirixiu unha adaptación dunha das súas historias.
Tentativa de golpe de estado e seppuku
editarO 25 de novembro de 1970, Yukio Mishima, acompañado de 4 membros do Tatenokai, renderon o comandante do cuartel xeral das Forzas de Autodefensa xaponesas en Tokio. Realizou un discurso patriótico na tentativa de persuadir os soldados do cuartel a restituíren ao Emperador os seus poderes.[7] Notando a indiferenza dos soldados, Yukio Mishima cometeu seppuku, sendo asistido por Hiroyasu Koga, unha vez que Masakatsu Morita fallou no momento final.[8] A mañá antes da súa morte esciribiu:
A vida humana é finita mais a min me gustaría vivir para sempre
Crese que Mishima tiña o seu suicidio preparado durante un ano. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, tería creado este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñou.[9]
Mishima reservaba para si unha individualísima marca de nacionalismo ao final da súa vida. Foi odiado pola extrema dereita, en particular polo seu compromiso declarado co bushido, o código de honra e conduta do samurai, e por nacionalistas tradicionais por causa da súa afirmación, no Bunka Bōeiron (文化 防衛 論, "A Defensa da Cultura"), que Hirohito debería ter abdicado e asumido a responsabilidade pola perda de vidas na guerra.
Cando morreu, Mishima tiña acabado de escribir O Mar da Fertilidade (豊穣の海 Hōjō no Umi?).
Obras principais
editarTítulo en xaponés | Título traducido | Ano |
假面の告白 Kamen no Kokuhaku |
Confesións dunha máscara | 1948 |
愛の渇き Ai no Kawaki |
Sede de amor | 1950 |
禁色 Kinjiki |
Cores prohibidas | 1953 |
潮騷 Shiosai |
O tumulto das ondas | 1954 |
金閣寺 Kinkaku-ji |
O pavillón dourado | 1956 |
鏡子の家 Kyōko no Ie |
A casa de Kyoko | 1959 |
宴のあと Utage no Ato |
Despois do banquete | 1960 |
午後の曳航 Gogo no Eikō |
O mariñeiro que perdeu as grazas do mar | 1963 |
絹と明察 Kinu to Meisatsu |
Seda e visón | 1964 |
三熊野詣 Mikumano Mōde (conto) |
Actos de adoración | 1965 |
サド侯爵夫人 Sado Kōshaku Fujin (obra de teatro) |
Madame de Sade | 1965 |
憂國 Yūkoku (conto) |
O patriotismo[10] | 1966 |
眞夏の死 Manatsu no Shi |
Morte no verán | 1966 |
葉隠入門 Hagakure Nyūmon |
O camiño do samurai | 1967 |
わが友ヒットラー Waga Tomo Hittorā (obra de teatro) |
O meu amigo Hitler | 1968 |
太陽と鐡 Taiyō to Tetsu |
Sol e azo | 1970 |
豐饒の海
Hōjō no Umi O mar da fertilidade tetraloxía: (1969-1970)
editar
Título en xaponés | Título traducido | Ano |
---|---|---|
I. 春の雪 Haru no Yuki |
1. Neve de primavera | 1969 |
II. 奔馬 Honba |
2. Cabalos en fuga | 1969 |
III. 曉の寺 Akatsuki no Tera |
3. O templo da aurora | 1970 |
IV. 天人五衰 Tennin Gosui |
4. A caída do anxo | 1970 |
Notas
editar- ↑ Biografia pela The Internet Movie Database
- ↑ Naoki Inose & Hiroaki Sato, Persona: A Biography of Yukio Mishima (Naoki Inose, Hiroaki Sato) (Stone Bridge Pr 2012)
- ↑ Mishima, Yukio (1957). わが思春期 [My Puberty] (en Japanese). Myōjō, Shueisha.
- ↑ 4,0 4,1 Artigo no jornal ingles “The Guardian”
- ↑ "Nomination Database: Yukio Mishima". Nobel prize. Consultado o 12-5-2016.
- ↑ Nobel Prize Organization
- ↑ Mishima, Yukio; O Hagakure; A Ética dos Samurais; (1987); p 9; Editora Rocco ltda.
- ↑ Biografía de Yukio Mishima
- ↑ Nathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.
- ↑ Dende Xapón ao Carballiño coa maleta chea de libros e de lembranzas
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yukio Mishima |
Ligazóns externas
editar- Ciber Museo Yukio Mishima Arquivado 09 de agosto de 2011 en Wayback Machine.
- Museo Literario Yukio Mishima Arquivado 02 de xullo de 2017 en Wayback Machine.