Xulia Drusa
Xulia Drusa (latín clásico: IVLIA•DRVSI•CAESARIS•FILIA[1], 5 - 43) foi a filla de Xulio César Druso e Livila, e neta do emperador romano Tiberio. Foi executada cara ao 43 d.C.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 |
Morte | 43 (37/38 anos) |
Causa da morte | pena de morte |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | política |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Dinastía Xulio-Claudia |
Cónxuxe | Nero (filho de Germânico) Caio Rubélio Blando |
Fillos | Rubellius Plautus () Caio Rubélio Blando (pt) Rubellius Blandus (en) () Caio Rubélio Blando (pt) Rubellius Drusus (en) () Caio Rubélio Blando (pt) Rubellia Bassa (en) () Caio Rubélio Blando (pt) |
Pais | Druso (pt) e Livia Júlia (pt) |
Irmáns | Tibério Gemelo (pt) e Germanicus Gemellus (en) |
Cronoloxía
editarCando morreu o emperador Augusto no ano 14 Xulia estaba enferma. Augusto preguntoulle á súa dona Livia, antes de el morrer se estaba recuperada [2].
No 20 d.C, Xulia casou co seu primo, Nerón César (o fillo de Xermánico e Agripina Maior). O matrimonio parece que non foi feliz, e caeu vítima das maquinacións de Seiano, garda palatino, quen explotou a súa relación con Livila para conspirar contra a familia de Xermánico. En palabras de Tácito:
- "seu loqueretur seu taceret iuvenis, crimen ex silentio, ex voce. ne nox quidem secura, cum uxor vigilias somnos suspiria matri Liviae atque illa Seiano patefaceret." [3].
Máis tarde, no ano 29, debido ás intrigas de Seiano, e á insistencia de Tiberio, Nerón e Agripina foron acusados de traizón. O Senado declarou inimigo público a Nerón, encadeado e encarcerado na illa de Pontia (Ponza), o ano seguinte foi executado ou obrigado a suicidarse. Dión Casio[4] afirma que Xulia tiña unha relación con Seiano, o que contradí Tácito. Tiberio ordenou apresar e executar a Seiano o 18 de outubro do ano 31.
No ano 33, Xulia casou con Gaius Rubellius Blandus, dunha familia de equites que fora cónsul do ano 18 e máis tarde próconsul en África [5]. Tiveron como descendencia a Rubellius Plautus (33-62) (cf. Raepsaet-Charlier, p. 89) e Rubellia Bassa que casou cun tío materno do futuro emperador Nerva. Xuvenal, en Sátira VIII.39, suxire outro fillo, tamén de nome Gaius Rubellius Blandus. Segundo unha inscrición, Xulia puido ser a nai dun tal Rubellius Drusus [6].
Sobre o ano 43 un axente da muller do emperador Claudio, Valeria Mesalina, acusouna falsamente de incesto e inmoralidade. O emperador, seu tío Claudio, sen oír calquera defensa da súa sobriña, executouna 'pola espada' (Octavia 944-6: "ferro... caesa est"). Ela puido anticiparse á execución quitándose a vida [7]. .
Robert Graves
editarNas novelas de Robert Graves Eu Claudio e Claudio o Deus Xulia aparece como Helena ou Helena a Comellona. Non obstante, ela non tivo nunca reputación de comellona.
Notas
editar- ↑ E. Groag, A. Stein, L. Petersen - e.a. (edd.), Prosopographia Imperii Romani saeculi I, II et III (PIR), Berlín, 1933 - I 636
- ↑ Suetonio, Vita Augusti, 99
- ↑ Tácito, Anais 4.60
- ↑ Dión Casio, 58.3.9
- ↑ Raepsaet-Charlier, Prosopographie des femmes de l'ordre sénatorial, p. 89
- ↑ Prosopographia Imperii Romani R 83
- ↑ Barrett, Agrippina, pp. 87; 104
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- E. Klebs, H. Dessau, P. Von Rohden (edd.), Prosopographia Imperii Romani, 3 vol., Berlin, 1897-1898. (PIR1)
- E. Groag, A. Stein, L. Petersen - e.a. (edd.), Prosopographia Imperii Romani saeculi I, II et III, Berlin, 1933 - . (PIR2)
- Raepsaet-Charlier M.-Th., Prosopographie des femmes de l'ordre sénatorial (Ier-IIe siècles), 2 vol., Louvain, 1987, 360 ff; 633 ff.
- Lightman, Marjorie & Lightman, Benjamin. Biographical Dictionary of Greek and Roman Women. Nova York: Facts On File, Inc., 2000.
- Levick, Barbara, Claudius. Yale University Press, New Haven, 1990.
- Barrett, Anthony A., Agrippina: Sex, Power and Politics in the Early Roman Empire. Yale University Press, New Haven, 1996.