[go: up one dir, main page]

Xuíz Honorario é un recoñecemento que fai a Asociación de Amigos do Couto Mixto que dende o ano 2000 nomea anualmente tres xuíces honorarios nun acto público que se celebra na igrexa de Santiago, dos Mixtos, capital do Couto Mixto.

Chave que se entrega ós Xuíces Honorarios

Instauración do recoñecemento

editar

A Asociación de Amigos do Couto Mixto, constituída en 1992, vén traballando coa finalidade de recuperar a súa memoria histórica. Entre outras, forman parte desta asociación persoeiros da cultura galega como Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xesús Ferro Ruibal, Xosé González Martínez ou Antón Pulido.

No ano 2000 acorda o recoñecemento como Xuíz Honorario do Couto Mixto, aos que se signifiquen na labor cultural, etnográfica e na defensa e promoción deste territorio arraiano. Tamén para lembrar á figura que rexía os destinos daquel territorio, coa súa peculiar autonomía.

Historia

editar

Antecedentes

editar
 
Homes de acordo (representando ás tres aldeas Santiago, Rubiás e Meaus)

Os habitantes do Couto tiñan o privilexio do autogoberno, mediante a elección dun Xuíz ou Alcalde polas cabezas de familia das tres aldeas, elección celebrada no inverno cada tres anos. Este Xuíz exercía as funcións gobernativas, administrativas e xudiciais fronte a delitos cometidos dentro dos límites do Couto. Alén diso, había a posibilidade de tomar acordos en concello aberto por tódolos veciños e podían empregar o dereito de revogación para mudar os representantes electos antes do final do seu mandato se se detectaba un mal desempeño das funcións para as que foron elixidos.

O derradeiro Xuíz do Couto Mixto

editar
 
Delfín Modesto Brandón

Delfín Modesto Brandón foi o derradeiro xuíz do Couto Mixto.

Asumiu o cargo de Xuíz en xaneiro de 1863, sendo elixido para pór fin ós abusos continuos e violacións da soberanía por parte das autoridades portuguesas e españolas. Renunciou ó cargo cando a partición e anexión do territorio era inminente. Foi seguido por un último Xuíz, que rematou o seu mandato coa partición e anexión formal do territorio, entre España e o Reino de Portugal, o 23 de xuño de 1868.

Publicou as súas memorias, en castelán, no 1907, co título: Interesante Historieta del Coto Mixto[1].

Xuíces Honorarios

editar

Dende o ano 2000, esta Asociación nomea anualmente tres xuíces honorarios entre as personalidades ou organizacións que destaquen no seu labor cultural e etnográfico. Aos nomeados entréganlle simbolicamente unha chave, que lembra a que portaban os homes de acordo, un bastón, que simboliza o mando, e un diploma acreditativo.

Descrición

editar

Os actos de entrega comezan cun pasa rúas pola aldea de Santiago dos Mixtos das persoas ou institucións recoñecidas ese ano. Nesa data, significada para a veciñanza, engalánanse os corredores, balcóns e fiestras das casas con antigas colchas tecidas artesanalmente, o que lle dá un colorido e distinción especial á celebración.

 
Arca das tres chaves
 
Diploma acreditativo como Xuíz Honorario.

A comitiva chega ao adro da Igrexa, onde é recibida polo público asistente. Dentro da igrexa ten lugar o lectura da acta da Asociación de Amigos do Couto Mixto onde se recollen os motivos dos merecentes da distinción dese ano. Recibida a Chave, o Bastón e o Diploma, a persoa distinguida diríxese aos membros da Asociación e ao público. Remata esta primeira parte dos actos coa chamada polo nome, parte do Presidente da Asociación, aos tres Homes de Acordo que a viva voz din Presente e diríxense ata a Arca das tres chaves, onde, cada un, insire a súa chave. Aberta a Arca, deposítase a acta da Asociación, os discursos dos homenaxeados e os libros publicados relacionados co Couto Mixto, se os houbera, e finalmente péchase a arca polos tres Homes de Acordo.

Fóra, no adro da igrexa, lugar onde se reunía o Goberno do Couto Mixto, en concello aberto, ao pé da escultura de Delfín Modesto Brandón, faise unha ofrenda floral á súa memoria e pronúnciase algún discurso, e nos últimos anos unha representación teatral relacionada coa figura do derradeiro xuíz do Couto Mixto.

Remata a xornada cunha fraternal comida o aire libre nas inmediacións da igrexa.

Premiados

editar
# Ano Nome Actividade
1 2000 Xosé Manuel Cid Fernández[2]
Bento da Cruz
Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro
Pedagogo e escritor
Escritor
Pola divulgación do Couto Mixto
2 2001[3] Francisco Fernández del Riego
Luís García Mañá
Ramón García Rivero
Escritor e académico
Escritor
Crego de Santiago de Rubias e valedor da identidade do Couto Mixto
3 2002 Constantino García González
Xosé González Martínez
Antonio López Martínez
Escritor
Político e intelectual
Político
4 2003 Non se atoparon datos
5 2004 Antón Riveiro Coello
Xosé Benito Reza
Cesáreo González Veloso[4]
Escritor
Escrito e político
Home de acordo do Couto Mixto
6 2005 Francisco Campos
Álvaro López Mira
Xosé López Añel
Xornalista
Profesor da Universidade de Vigo
Home de acordo do Couto Mixto
7 2006 Carlos Varela García
Alfonso Sobrado Palomares
Sergio Álvarez Álvarez
Fiscal Superior de Galicia
Escritor e político
Home de acordo do Couto Mixto
8 2007[5][6][7] Miguel Blanco Grande
Laura Seara Sobrado
Alberto Fidalgo Francisco
Máximo Salinas Valencia
Crego do Couto Mixto
Política
Político
Catedrático da Universidade de Santiago
9 2008[8][9][10] Celso Delgado Arce
COREN
Xosé Luís Méndez Romeu
Político
Empresa
Político
10 2009[11] Gonzalo Jar Couselo[12]
Antonio Loroureço Fontes
José Rodríguez Cruz
Xeneral da Garda Civil
Crego arraiano
Escritor
11 2010 María do Ceo[13]
Xosé Luís Méndez Ferrín
Miguel A. González García
Cantante
Escritor
Arquiveiro
12 2011[14] Paula Godinho
Antonio Rodríguez Colmenero
Xosé Badás
Escritora
Arqueólogo
Defensor da cultura arraiana
13 2012 Carlos Núñez
Cámara Municipal de Chaves
Concello de Verín
Xosé Antón Gómez Segade
Gaiteiro
Cámara Municipal
Concello
Arraiano de cerna
14 2013[15][16] Xesús Vázquez Abad
Ponte nas ondas
Político
Dinamización cultural
15 2014[17] Eixo Atlántico[18]
Escola Superior Universitaria
Xosé María Eguileta Franco
Entidade
Escola
Arqueólogo
16 2015[19][20][21] Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira
Concello de Tomiño
Asunción Sanz Ferreiro
José Lamela Bautista
Cámara Municipal
Concello
Mestra
Escritor e político
17 2016[22][23][24][25] Eurocidade Valença-Tui
Asociación Galego-Portuguesa de Profesores pola Paz
2nafronteira
Entidade
Asociación
Grupo musical
18 2017[26][27][28] Valentín García Gómez
Alejandro Rubín Carballo
Augusto Domíngues e Arturo Grandal
Político
Empresario
Alcaldes de la eurocidade Monçao - Salvatierra de Miño
19 2018[29][30][31] Cambedo
Soutelinho
Lamadarcos
Freiguesía
Freiguesía
Freiguesía
20 2019[32][33][34][35] Mercedes Vázquez Saavedra
Suso Díaz[36]
Manuel Batista Calçada Pombal[37]
Etnóloga e fotógrafa
Poeta
Presidente da Cámara Municipal de Melgaço
## 2020 (Non se entregaron debido á pandemia de coronavirus).
## 2021 (Non se entregaron debido á pandemia de coronavirus).
21 2022[38][39] Consuelo Castro Rei
Armando González López
Diana Gonçalves
Avogada do estado
Compositor do himno do Couto Mixto
Cineasta
22 2023[40][41] Fernando Venâncio
Ángeles Huerta González
Mario García Gómez
Escritor
Cineasta
Político catalán de orixe galega
23 2024[42][43] Felipe Lubián Lubián
Celso Ferreira Fernández
Helena Pousa
Alcalde
Artesán
Etnógrafa
  1. Delfin Modesto Brandón (1907). Tierra Gallega, ed. Interesante Historieta del Coto Mixto (en castelán). A Coruña. p. 21. 
  2. "Xosé Manuel Cid será o primeiro director da Academia do Couto Mixto". 01/07/2022. Consultado o 06/07/2022. 
  3. "Fernández del Riego, Mañá e García Rivero, xuíces de honra do Couto Mixto". 19/08/2001. Consultado o 07/05/2023. 
  4. "Renace el Couto Mixto, una vieja república gallega sin apenas habitantes". 2021. Consultado o 20/06/2022. 
  5. "Couto Mixto, a Andorra galega". 06/07/2007. Consultado o 06/07/2022. 
  6. "Couto Mixto, as tres chaves da memoria". 07/07/2007. Consultado o 06/07/2022. 
  7. "La resurrección del Couto Mixto". 08/07/2007. Consultado o 06/07/2022. 
  8. "O derradeiro xuíz do Couto Mixto". 28/05/2008. Consultado o 06/07/2022. 
  9. "Luis García Mañá: El Couto Mixto aún existe". 26/07/2008. Consultado o 06/07/2022. 
  10. "Grito unánime a España y Portugal: "El Couto Mixto también existe"". 27/07/2008. Consultado o 06/07/2022. 
  11. "O Couto Mixto aumenta a súa poboación". 09/07/2009. Consultado o 06/07/2022. 
  12. "Morre un dos principais defensores do galego na Garda Civil". 26/12/2009. Consultado o 06/07/2022. 
  13. "María do Ceo se identifica con esta tierra para la que hizo un himno". Xullo 2010. Consultado o 06/07/2022. 
  14. "Tres novos xuíces para o Couto Mixto". 20/06/2011. Consultado o 06/07/2022. 
  15. "Vázquez Abad é nomeado xuíz honorario do Couto Mixto e asiste á presentación das pinturas murais recuperadas por Patrimonio na igrexa de Santiago de Rubiás". 13/07/2013. Consultado o 20/06/2022. 
  16. "Presentación de las pinturas murales restauradas en la iglesia de Santiago de Rubiás con ocasión de los nombramientos honorarios del ‘Couto Mixto'". 2013. Consultado o 20/06/2022. 
  17. "Xesus Vázquez Abad asiste al nombramiento de los Jueces Honorarios del Couto Mixto en la iglesia de Santiago de Rubiás, en Ourense". 05/07/2014. Consultado o 20/06/2022. 
  18. "El Eixo Atlántico nuevo Juez Honorario de Couto Mixto". eixoatlantico. Consultado o 2022-11-27. 
  19. "Investidos catro novos xuíces honorarios do Couto Mixto". 04/07/2015. Consultado o 06/07/2022. 
  20. "Novos xuíces honorarios do Couto Mixto". 02/07/2015. Consultado o 06/07/2022. 
  21. "Cerveira e Tomiño investidos Juizes Honorários 2015 do Couto Mixto". 22/07/2015. Consultado o 06/07/2022. 
  22. "O Couto Mixto reúne todas as características esixidas polas Lei do Patrimonio Cultural para ser Territorio Histórico e ter dobre nacionalidade". 25/06/2016. Consultado o 20/06/2022. 
  23. "El Couto Mixto elige en Rubiás tres nuevos jueces honorarios". 02/07/2016. Consultado o 20/06/2022. 
  24. "Couto Mixto: xente de aquí e de acolá". 25/06/2016. Consultado o 06/07/2022. 
  25. "Amigos do Couto Mixto piden a la Xunta que sea declarado "territorio histórico"". 03/07/2016. Consultado o 06/07/2022. 
  26. "El Couto Mixto reclama suprimir más barreras entre Galicia y Portugal". 02/07/2017. Consultado o 20/06/2022. 
  27. "Homenaxe ao último xuíz do Couto Mixto". 26/9/2017. Consultado o 06/07/2022. 
  28. "Premios “Peña Novo” e xuíces honorarios do “Couto Mixto”.". 19/06/2017. Consultado o 06/07/2022. 
  29. "Tres novos xuíces honorarios coidan do Couto Mixto". 07/07/2018. Consultado o 06/07/2022. 
  30. "O Couto Mixto, unha República Raiana esquecida.". 26/06/2018. Consultado o 06/07/2022. 
  31. "El Couto Mixto nombrará jueces honorarios a los presidentes de las «freguesías»". 10/06/2018. Consultado o 06/07/2022. 
  32. "Xuices Honorarios 2019". Galeguizar Galicia. Consultado o 06/07/2022. 
  33. "O Couto Mixto nomeou a tres novos xuíces honorarios". 07/07/2019. Consultado o 06/07/2022. 
  34. "Teatro e recoñecementos para lembrar o Couto Mixto". 03/07/2019. Consultado o 06/07/2022. 
  35. "Valentín García participa no nomeamento de tres novos xuíces honorarios do Couto Mixto". 06/07/2019. Consultado o 06/07/2022. 
  36. "Discurso de nomeamento como Xuíz Honorario do Couto Mixto 2019" (PDF). Galeguizar Galicia. Consultado o 06/07/2022. 
  37. "Melgaço: Manoel Batista nomeado juiz honorário do Couto Misto". 22/'7/2019. Consultado o 06/07/2022. 
  38. "Novos xuíces honorarios do Couto Mixto". 28/06/2022. Consultado o 01/07/2022. 
  39. "El regreso de la república olvidada entre Galicia y Portugal". 02/07/2022. Consultado o 06/07/2022. 
  40. "Os novos xuíces honorarios do Couto Mixto reivindicaron un mundo sen fronteiras". 02/07/2023. Consultado o 03/07/2023. 
  41. "El Couto Mixto nombra a sus tres nuevos jueces". 02/07/2023. Consultado o 03/07/2023. 
  42. "Couto Mixto, unha república rescatada". 26/06/2024. Consultado o 01/07/2024. 
  43. "El Couto Mixto nombró a sus nuevos jueces honorarios". 08/07/2024. Consultado o 08/07/2024. 


Ligazóns externas

editar