Xoán XIII, papa
Xoán XIII, nado como Giovanni Crescenzi en Roma e finado o 6 de setembro de 972, foi o Papa nº 135 da Igrexa católica.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | 6 de setembro de 972 Roma, Italia |
133º Papa | |
6 de outubro de 965 – 6 de setembro de 972 (Gregoriano) ← León VIII – Bieito VI → | |
Cardeal | |
964 – 965 | |
Bispo diocesano | |
962 – – Giovanni (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Narni (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, bispo católico |
Familia | |
Pais | Giovanni Crescenzi e Theodora II of Tusculum |
Irmáns | Crescêncio I |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:John XIII. |
Traxectoria
editarTras pasar a súa vida na corte papal ó ser sobriño de Marozia, membro da familia dos Crescencios, no momento da elección era bispo de Nardi. Ocupou o trono pontificio co rexeitamento do pobo romano, que prefería como Papa a Bieito V, que aínda vivía exiliado en Hamburgo.
Este rexeitamento popular provocou que en decembro de 965 os romanos, encabezados por Rofredo, o conde de Campania, e por Pedro, o prefecto da cidade, fixeran fuxir a Xoán XIII, que buscou refuxio xunto a Pandulfo, príncipe de Padua e de Benevento.
Coñecendo o emperador a expulsión do seu protexido, dispúxose a marchar sobre Roma, o que provocou que os romanos, temorosos das represalias, desen morte ó prefecto Pedro e recibisen triunfalmente o 14 de novembro de 966 a Xoán XIII.
En decembro de 966 o emperador entrou en Roma, onde permaneceu durante case seis anos, e nomeou como prefecto da cidade a Crescencio I, un irmán do Papa.
Ó ano seguinte, o día de Nadal de 967, Xoán XIII coroou co-emperador ó fillo de Odón, Odón II, de tan só doce anos de idade.
Cinco anos despois, en 972, o Papa casou a Odón II con Teófano, a sobriña do emperador bizantino Xoán I Tzimisces, co que se abriu un período de entendemento entre Occidente e Oriente.
Na súa vertente relixiosa, o papado de Xoán XIII é recordado pola evanxelización dos húngaros e polacos, e polos intentos de reorganización da Igrexa, que o levaron á creación do arcebispado de Magdeburgo e outros de rito latino no sur de Italia, o que reduciu a influencia do Imperio Bizantino e a súa Igrexa ortodoxa nesa rexión. tamén comezou o costume de bendicir e dar nome ás campás dos templos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- A familia Crescenzi (en castelán)
- Enciclopedia Católica (en castelán)
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |