[go: up one dir, main page]

Unha xigante vermella é unha estrela de grande tamaño que pode chegar a alcanzar un tamaño de millóns de veces o do Sol. Emite luz vermella, debido á súa menor temperatura superficial (3000 °C-4000 °C).

Comparación entre unha xigante vermella, unha estrela laranxa e o noso Sol.

As xigantes vermellas son o preludio da fase final da evolución das estrelas. Orixínanse cando unha estrela esgota todo o hidróxeno do seu núcleo e comeza a fusionar helio e outros materiais máis pesados ó contraerse o núcleo. Durante a súa fase de xigante vermella as estrelas son inestables, con contraccións e expansións até que expulsan as súas capas exteriores, as de maior tamaño de forma catastrófica nas xigantescas explosións chamadas supernovas.

Véxase tamén

editar