Xinzo de Limia
Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Xinzo de Limia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.529 (2023) (71,82 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 132,67 km² | ||||
Altitude | 621 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Amador Díaz Penín (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Xinzo de Limia | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Código INE | 32032 | ||||
Páxina web | xinzodelimia.gal | ||||
Demografía
editarCenso total | 10.043 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.352 (13.46 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6.100 (60.74 %) |
Maiores de 65 anos | 2.591 (25.8 %) |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística (INE), 1857-2011
Evolución da poboación de Xinzo de Limia Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.622 | 8.495 | 10.200 | 10.544 | 9.869 | 10.161 | 10.329 | 10.358 | 10.307 | 10.200 | 10.043 | 10.004 | 9.875 | 9.836 | 9.715 | 9.637 | 9.621 | 9.611 | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A rede hidrográfica, antes marcada pola lagoa de Antela despois da súa seca, pasou a organizarse arredor do río Limia, que cruza todo o municipio con escasa pendente e dificultades de drenaxe, polo que no inverno é frecuente ver zonas asolagadas. Pola súa beira esquerda únenselle varios afluentes que teñen o seu nacemento nas zonas mais meridionais do municipio: Faramontaos, Nocedo, Rego dos Arnos e Rego da Ribeira.
Historia
editarIdade Antiga
editarXinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. Para uns autores como GÓNZALEZ DE ULLOA a capital deste pobo estaría en Sarreaus[2][3], na ladeira occidental do Monte Viso, a localización da capitalidade deste pobo non é compartida por tódolos investigadores[4], sobre todo despois dos importantes achados na vila de Xinzo de Limia que a convirten na outra "alternativa" para situar a capitalidade dos límicos durante o período galaico-romano (XUSTO RODRÍGUEZ, 1999. RIVAS FERNÁNDEZ, 2000)
No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga.
Idade Media
editarA cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Concretamente no 1130, o Rei de Portugal, tentando recuperar as terras que posuía a súa nai D. Teresa, comandou unha ofensiva contra o sur de Galicia, e despois de tomar Tui encamiñouse a Limia, onde coa axuda do Tenente da Limia o Conde Rodrigo Pérez, incorporouna a súa Coroa construíndo daquela o Castelo de Celme[5].
O rei portugués tenta conquistar un punto clave cando ataca Badaxoz en 1169, o que redunda nun desastre militar. O seu obxectivo consistía en dominar a liña do Guadiana. Alfonso esnaquízase unha perna nesta campaña e queda en mans do seu xenro Fernando II. A cambio da súa liberdade, tivo que proceder á devolución das terras de Toroño e Limia que antes ocupara[6], pasando a constituír un condado.
Idade Contemporánea
editarO concello de Moreiras foi creado por decreto de 15 de xullo de 1836 e o 9 de xaneiro de 1927 [7] incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.
Entroido
editar- Artigo principal: Entroido de Xinzo de Limia.
Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia, con cinco semanas de duración e que está declarado como Festa de Interese Turístico Internacional.
O ciclo iníciase o sábado anterior ao domingo fareleiro co petardazo, onde a xente se xunta na Praza Carlos Casares para dar a benvida ao entroido cunha conta atrás; no propio domingo ten lugar a primeira batalla co farelo.
A fin de semana seguinte ten lugar o "Colgamento do Meco": a procesión do Meco ten lugar o sábado antes do domingo oleiro desde o Barrio de Abaixo, que ao escurecer sae pola rúa dos Viños acompañado con fachucos de palla e unha gran comitiva formada polo carro cos bois, touro, choqueiros, máscaras, cura, gaiteiros, apeiros de labranza e gandeiros con vestimenta tradicional. O domingo oleiro celébrase na Praza Maior o xogo da ola, pásanse as olas de barro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); despois o xogo repítese no Barrio de Abaixo.
A noite das mulleres (noite fémina ou sábado corredoiro), as mulleres da vila reúnense para cearen en restaurantes ou en locais particulares. O domingo corredoiro saen por vez primeira as pantallas ás rúas.
Desde o venres até o martes de entroido son os cinco días grandes, coa participación de charangas e bandas de gaitas locais. O venres de entroido ten lugar o desfile dos cativos de tódolos centros educativos da comarca. O martes de entroido pola tarde ten lugar o gran desfile de comparsas e carrozas. O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña, logo do sermón e o pasarrúas.
O ciclo péchase o domingo de piñata con xogos infantís. No ano 2024 recuperouse o sábado de Piñata, onde se realiza o baile e a verbena de mascaritas e mailo xogo da cucaña na Praza Maior.
Política municipal
editar- Artigo principal: Eleccións municipais en Xinzo de Limia.
O 11 de outubro de 2010 o pleno municipal elixiu como novo alcalde ao popular Antonio Pérez, logo da dimisión do senador Isaac Vila Rodríguez, que foi alcalde durante 25 anos. O 21 de marzo de 2018 Pérez presentou a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello tras ser condenado por prevaricación,[8] polo que foi substituído por Manuel López Casas.[9]
Tralas eleccións do 2019, foi investida alcaldesa a socialista Elvira Lama Fernández grazas á coalición co BNG e partidos locais (AXIL e XA). No 2024, a alcaldía virou cara a dereita, sendo investido alcalde Amador Díaz Penín (ÁXIL) grazas ao apoio do PP.
Xinzo na literatura popular
editar- Home de Xinzo e boi de Vilar, non se afán en calquera lugar [10].
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Xinzo de Limia.
Parroquias
editarLugares de Xinzo de Limia
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Xinzo de Limia vexa: Lugares de Xinzo de Limia.
Notas
editar- ↑ "A Limia". Páxina oficial do Concello de Xinzo. Consultado o 02/09/2022.
- ↑ García Valdeiras, Manuel (2001). "O Forum Limicorum". Minius IX: 39–50.
- ↑ González García, Francisco Javier (2007). Los pueblos de la Galicia Céltica. Akal. p. 541. ISBN 978-84-460-2260-2.
- ↑ J.C, Rivas Fernández (2000). "O Foro dos Límicos. Xinzo, Epicentro de Camiños en Época Romana". Lethes 2: 62–73.
- ↑ "As cen torres da Limia". O castelo de Portela da Pena. Consultado o 02/09/2022.
- ↑ Baquero Moreno, Humberto. "Afonso Enriques". Real Academia de la Historia. Consultado o 02/09/2022.
- ↑ Martínez Cerredelo, Edelmiro (2012). Grupo Pedro González de Ulloa de Estudos Históricos da Limia. Historia de Xinzo de Limia. ISBN 978-84-616-1499-8.
- ↑ F., L. (6 de abril de 2018). "Xinzo celebra pleno extraordinario para elixir novo alcalde tras a dimisión de Pérez". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ "Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo". Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (2001).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xinzo de Limia |
Bibliografía
editar- Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
Outros artigos
editar Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |