Xermania (libro)
Xermania, cuxo título completo en latín é De Origine et situ Germanorum e en galego Da orixe e situación dos xermanos, é un traballo etnográfico escrito polo historiador romano Publio Cornelio Tácito arredor do ano 98. Trata sobre os diversos pobos xermánicos non pertencentes ao Imperio Romano situados preto ou nas fronteiras deste.
Características
editarA obra sobreviviu apenas nun único manuscrito, encontrado na Abadía de Hersfeld, no entón Sacro Imperio Romano-Xermánico, e que foi levado á Italia en 1455, onde Enea Silvio Piccolomini (máis tarde Papa Pío II) examinouno e analizou, despertando o interese de humanistas alemáns como Conrad Celtes, Johannes Aventinus e, particulamente, Ulrich von Hutten, que vían a obra como unha fonte auténtica sobre a antiga Xermania. Desde entón o texto mantén grande importancia no que di respecto da cultura, historia, filoloxía e etnoloxía dos antigos pobos xermánicos, ben como, en menor escala, dos pobos que habitaban a Escandinavia.
Véxase tamén
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Xermania (libro) |
Bibliografía
editar- Anderson, J.G.C. (ed.), Germania; (Oxford, Clarendon Press, 1938)
- Dorey, T.A.. 'Agricola' and 'Germania', in Tacitus (Londres, Routledge and Kegan Paul, 1969) (Studies in Latin Literature series)
- Gudeman, Alfred. The Sources of the Germania of Tacitus, in Transactions and Proceedings of the American Philological Association, Vol. 31. (1900), pp. 93–111
- Schama, Simon, 1995. Landscape and Memory 2.i "The hunt for Germania"
- Ronald Syme, Tacitus, vol. 1 (Oxford, Clarendon Press, 1958)
Ligazóns externas
editar- Texto integral no Perseus Project. (en inglés)