William Laud
William Laud, nado o 7 de outubro de 1573 en Reading, Berkshire, e finado o 10 de xaneiro de 1645, foi un líder relixioso británico, arcebispo de Canterbury (1633-1645). Un dos teólogos principais da igrexa do rei Carlos I, opúxose as formas radicais do puritanismo.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1573 Reading, Reino Unido |
Morte | 10 de xaneiro de 1645 (71 anos) Tower Hill, Reino Unido |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Lugar de sepultura | Oxford |
Arcebispo de Canterbury | |
6 de agosto de 1633 – 10 de xaneiro de 1645 ← George Abbot (pt) – William Juxon (pt) → | |
Bispo de Londres (pt) | |
1628 – 1633 ← George Montaigne (en) – William Juxon (pt) → | |
Anglican Bishop of Bath and Wells (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | St John's College (en) Reading School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía, política e anglicanismo |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | ministro anglicano, escritor, teólogo, ministro |
Día de festividade relixiosa | 10 de xaneiro |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лод Уильям) Dictionary of National Biography |
Traxectoria
editarWilliam Laud, fillo dun comerciante de tecidos acomodado, foi bautizado na Igrexa de Saint Laurence, en Reading. Educouse na Reading School e, a través dunha bolsa de estudos, no Saint John's College, en Oxford, onde acadou o título de bacharel de artes en 1594 e o mestrado en 1598. O 9 de maio de 1601 foi elixido membro sénior e converteuse en inspector da Universidade de Oxford en 1603.[2]
Paralelamente, Laud foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1601, e de camiño gañou reputación de ser partidario das tendencias arminianas e da alta igrexa, afastado do puritanismo e intelectualmente brillante, nun tempo en que a ideoloxía calvinista era forte na Igrexa de Inglaterra. Ademais disto, as súas afirmacións sobre a sucesión apostólica resultaban impopulares nalgúns ámbitos.
Xa como arcebispo de Canterbury e desde o seu posto na universidade, William Laud empeñouse en reorganizar a Oxford University Press para lle dar un verdadeiro status de empresa editorial, polo que lle pediu ao rei Carlos I as axudas públicas necesarias para poder competir cos libreiros e impresores aos que o rei lles concedera privilexios de edición. A raíz disto, en 1634 esa casa editorial pasou a ser considerada como unha das dúas privileged presses, xunto con Cambridge University Press.
En 1645, durante a Primeira Revolución inglesa, despois de intentar reformar a Igrexa, Laud foi executado por orde do Parlamento, sen ter conseguido a clemencia real.[3]
Notas
editar- ↑ Lee, sidney. "Laud, William". En Dictionary of National Biography. Londres. Smith, Elder & Co. 1892. (En inglés)
- ↑ Philips, Daphne. The History of Reading. Countryside Books. 1980. Páxina 47. [ISBN 0-905392-07-8] (En inglés)
- ↑ Milton, Anthony. "Laud, William (1573-1645) Arquivado 23 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. 2009. (En inglés)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Charles Carlton, Archbishop William Laud. Nova York. Routledge & Kegan Paul, 1987. (En inglés)
- W. E. Collins (ed.). Archbishop Laud commemoration, 1895. (En inglés)
- Conrad Russell. Parliaments and English Politics. 1621-1629. Oxford. Clarendon Press, 1979. (En inglés)
- Conrad Russell. The Fall of the British Monarchies. 1637-1642. Oxford. Clarendon Press, 1991. (En inglés)
- Hugh Trevor-Roper. Archbishop Laud, 1573–1645. Phoenix, 2000. (En inglés)
Ligazóns externas
editar- "William Laud". En Royal Berkshire History. (En inglés)
- Retratos de William Laud. National Portrait Gallery. (En inglés)