[go: up one dir, main page]

Wikipedia:Wikimalla

(Redirección desde «Wikipedia:Malla»)
  Wikipedia:Wikimalla   Wikipedia:Wikiproxecto mantemento  




Atallo:
WP:MALLA

Esta é a quinta Wikimalla[1] de artigos da Galipedia, e desta volta imos traballar nos artigos que precisan formato wiki, están en Categoría:Artigos sen formato wiki, e no momento de gardar esta páxina, 6 de novembro, hai 1 093 artigos.

A malla

editar

A malla é un antigo traballo agrícola que en moitos casos, e mentres non houbo maquinaria para realizala, se facía en comunidade xa que era un labor moi pesado, e que era moito máis sinxelo de facer coa colaboración dos veciños e familiares. Na Galipedia tamén temos moita palla que separar do gran, pero é un traballo pesado e pouco agradecido, mais que se o facemos entre moitos pode facerse de forma máis rápida e menos laboriosa.

A idea

editar
 
Veña, imos todos ó choio!

Este ano decidimos amañar os artigos que están marcados co modelo:Wikificar, é dicir, hai que darlles formato para que sigan o Wikipedia:Libro de estilo da Galipedia, é dicir, que teñan ligazóns internas, que non usen ligazóns externas dentro do corpo do artigo, que as seccións finais sexan as correctas, que as imaxes teñan o formato correcto, etc.

Esta tarefa non é moi interesante pero alguén ten que facela, temos moitos artigos con problemas de diferentes tipos, e de cando en cando é necesario que se deteña un pouco a marcha da wiki para . Ademais, cambiar "de aires" sempre nos ven ben a todos para non "apalancarse" :)

Por que é bo para o proxecto facer isto? Porque isto é unha enciclopedia e a xente espera que a calidade dos seus contidos sexa excepcional, pero se deixamos que os artigos sen formato se poñan a medrar sen control podemos chegar a unha situación na que os usuarios atopen máis artigos mal formatados que artigos de calidade, dando unha gran impresión de desleixo nos lectores.

Entón temos que poñernos co choio, os que estean interesados nesta tarefa terán como obxectivo amañar os artigos desa categoría durante unha semana, deixando un pouco aparcadas as súas tarefas individuais para así facer unha tarefa colectiva (valga a redundancia neste proxecto colectivo :).

O traballo

editar
 
A darlle duro!

Os artigos nos que se vai traballar están todos en >>Categoría:Artigos sen formato wiki<<.

Esta Quinta malla de artigos da Galipedia terá lugar a última semana de novembro, é dicir, entre o luns 25 de novembro e o domingo 1 de decembro (2019), ámbolos dous incluídos, segundo esta conversa da taberna.

Organización!

editar

Aínda que os artigos son bastantes sempre podería darse o caso de que varios usuarios se puxesen a editar o mesmo artigo ó mesmo tempo. Para evitar isto a solución é sinxela: cando un usuario decida meterlle o dente a un dos artigos, o primeiro que debe facer é poñerlle o modelo {{En uso}} e gravar. Dende ese momento o resto da xente saberá que ese artigo está collido por outro compañeiro e que ten que poñerse con outro distinto. Hai que traballar, pero facer dúas veces o mesmo, non, grazas! :)

Evolución do número de artigos na categoría Sen formato wiki

editar
 
O palleiro está feito, e aínda que a tarefa non se deu rematado, o esforzo pagou moito a pena. Grazas a todos!!
 
Aquí non hai malladora, fan falta as mans de todos!
  1. --Viascos apúntome --Viascos (conversa) 27 de setembro de 2019 ás 23:32 (UTC)[responder]
  2. --Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2019 ás 08:57 (UTC)[responder]
  3. --Nonsonninguen A mallar! Nonsonninguen (conversa) 1 de outubro de 2019 ás 17:07 (UTC)[responder]
  4. --Breogan2008 (conversa) 6 de novembro de 2019 ás 10:46 (UTC)[responder]
  5. --MAGHOI Imos aló.--MAGHOI (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 10:26 (UTC)[responder]
  6. --Alfonso mande 24 de novembro de 2019 ás 19:46 (UTC)[responder]
  7. --Servando2 (Dime) 25 de novembro de 2019 ás 09:07 (UTC)[responder]
  8. Beninho (conversa) 25 de novembro de 2019 ás 19:18 (UTC)[responder]
  9. --Castelao (conversa) 26 de novembro de 2019 ás 16:52 (UTC)[responder]
  10. --Chairego apc (conversa) 26 de novembro de 2019 ás 21:42 (UTC)[responder]

Os resultados

editar
Usuario Luns 25 Martes 26 Mércores 27 Xoves 28 Venres 29 Sábado 30 Domingo 1
Viascos 0 0 0 0 0 0 0
Elisardojm 3 0 4 5 2 0 0
Nonsonninguen 4 11 5 3 12 4 3
Breogan2008 15 4 6 8 0 0 0
MAGHOI 4 4 4 3 4 1 3
Alfonso 2 3 3 1 1 0 0
Servando2 5 2 7 15 5 2 0
Beninho 4 3 0 0 0 0 0
Castelao 0 3 3 4 1 2 3
Chairego_apc 0 4 1 1 0 4 2
Total 37 34 33 40 25 13 11

Nota: Na semana cada un temos que amañar 20 artigos, iso quere dicir que hai que amañar tres artigos ó día. Podes poñer nesta táboa o número de artigos que vaias amañando cada día, se ese día amañas máis de dous podes cambiarlle a cor de fondo. Para facer iso tes que editar a táboa, e na cela que queiras actualizar, cambia o texto "lightblue" por "lightgreen".

Resultado

editar

Este ano a tarefa era complicada, amañar os problemas de máis de 1000 artigos non é moco de pavo, pero co esforzo dos participantes amañamos uns 176 artigos, cousa que non está mal.

Penso que a tarefa non era pesada se se facía día a día, case calquera usuario podía amañar tres artigos ó día sen que iso fixera que as súas tarefas habituais se resentiran. Penso que esa é a filosofía que debe manter esta actividade, animar á xente a facer un pouco de traballo de mantemento de forma diaria durante un pequeno período de tempo, tentando xuntar o maior número de xente posible. Temos que decatarnos entre todas e todos que as tarefas de mantemento do proxecto tamén temos que facelas entre todos, podemos telas aparcadas durante un tempo, pero non podemos deixalas aí eternamente porque se seguen aumentando, ó final serán un problema, un problema de calidade xeral da Galipedia.

Espero que para próximas edicións máis xente se anime, se conseguísemos os 50 editores que se precisaban, estou case seguro que a tarefa estaría rematada. Agora mesmo acabo de pensar que incluso podería estar ben dar algún tipo de incentivo material, xa que a xente ten que facer unha tarefa que non lle agrada moito, que polo menos poida ter a posibilidade de conseguir algún pequeno agasallo a cambio. Quizais podería pensarse nisto como posibilidade de inversión de parte do premio da Galipedia que aínda está pendente de gastar.

Eu pola miña parte recoñezo que na finde non tiven tempo de traballar na Galipedia, e algún outro día, pero dende estas liñas comprométome a rematar a miña tarefa nos vindeiros días.

Moitas grazas a todos os que colaboraron na Wikimalla e a ver se o ano que ven conseguimos máis malladoras e malladores!! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2019 ás 01:09 (UTC)[responder]

Edicións anteriores

editar
  1. Nas outras edicións chamóuselle simplemente "Malla", agora chámase "Wikimalla" porque na Galipedia todo é wiki.