Wikipedia:Como borrar páxinas
Nas operacións diarias da Wikipedia moitas páxinas novas se crean, algunhas das cales é preciso borrar. Mentres calquera pode baleirar de contido unha páxina e esa páxina pode ser editada e re-escrita de novo (o seu historial continúa accesible e pode ser recuperado). Pola contra as páxinas eliminadas desaparecen e con elas o seu historial, polo que se deben seguir certos pasos antes de borrar.
Pasos a seguir para eliminar unha páxina
editarEn primeiro lugar a proposta de eliminación debe adecuarse ás políticas e normas da Galipedia sobre borrar.
Se se cumpre esa premisa, poden darse dous casos principais:
- Eliminación rápida: son aquelas que cumpren unha serie de requisitos que fan innecesario someter a votación o borrado da páxina.
- Pode marcarse unha páxina como eliminación rápida, engadindo na parte superior do artigo unha mensaxe predefinida que automaticamente clasifica ese enderezo na lista de páxinas a limpar.
- Os marcadores son dous {{Lixo}} e {{Lixoporque|motivo}}. A diferenza entre ambos é que o primeiro só engade unha mensaxe e o segundo tamén reseña os motivos da proposta.
- Votacións para borrar: neste caso a mensaxe predefinida é {{Vpb}} e as páxinas pasan un proceso de comentario e votación polos usuarios ata que se decide o que facer finalmente con elas, non necesariamente borrar. É necesario ademais de poñer o marcador seguir un proceso de rexistro manual na páxina de Votacións para borrar seguindo as instrucións alí expostas.
Inclusión de mensaxes predefinidas
editarExemplos de mensaxes predefinidas:
- Eliminación rápida {{Lixo}}:
Lixo: esta páxina está clasificada para a súa eliminación rápida. Administradores: asegurádevos de que outras páxinas non ligan con esta e comprobade o antes de borrar o artigo. |
- Eliminación rápida {{Lixoporque|motivo}}:
Lixo: esta páxina está clasificada para a súa eliminación rápida, porque:
|
- Votacións para borrar {{Vpb}}:
- Gloria va {{GloriaVa}}:
- Ponse cando un artigo pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio dunha persoa ou propaganda dunha institución. Ao contrario dos anteriores, non marca o artigo para borrar.
Atención: as deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten, que en ocasións se fai por motivos de vaidade. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Galipedia ten unha política concreta sobre este tema: a Wikipedia non é un blogue nin nada similar. Malia ter contido libre e actualizado polos wikipedistas, a Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Pode ver a lista de artigos con problemas e de acordo co resto de artigos da Galipedia. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. |
Exclusión desta lista
editarSe vostede se atopa con que unha páxina debe ser excluída desta lista, retírea. No caso de facelo, escriba no campo Resumo baixo a caixa de edición os motivos polos que o fai. Se vostede é o autor da páxina por favor non retire a mensaxe.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Wikipedia:Votacións para borrar
- Wikipedia:Eliminación rápida
- Wikipedia:Artigos con problemas
- Wikipedia:Mover ao Galizionario
Volver á páxina de axuda. |