Vilalvite, Friol
parroquia civil do concello de Friol
San Pedro de Vilalvite é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 192 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística[2], 102 homes e 90 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón un aumento de 19 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 173 habitantes (90 homes e 83 mulleres) e 36 máis que en 2004.
Vilalvite | |
---|---|
Igrexa parroquial de Vilalvite | |
Concello | Friol[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°01′12″N 7°42′58″O / 43.02007, -7.71598 |
Área | 10,6 km² |
Poboación | 186 hab. (2019) |
Densidade | 17,55 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No lugar das Donas está a escola Meniñeiros, onde se imparte o método de pedagoxía Waldorf.
Toponimia
editarSegundo Nicandro Ares Vilalvite sería unha villa de Albitus, nome gótico.[3]
Lugares e parroquias
editarLugares de Vilalvite
editarLugares da parroquia de Vilalvite no concello de Friol (Lugo) | |
---|---|
Bedús | As Camoiras | Carballal | Castrodá | Cerracín | Corra | As Donas | As Ferrerías | A Penalonga | As Penelas | O Rebolo | A Retorta | Santa Marta | O Sobrado | O Vento |
Parroquias de Friol
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "IGE. Nomenclátor de Galicia. Friol". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 4 de marzo de 2017.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo I. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0.