Viga
Unha viga ou trabe é un elemento estrutural das edificacións. A viga soporta principalmente esforzos en forma de momentos flectores e é xeralmente usada no sistema laxe-viga-piar para transferir os esforzos verticais recibidos da laxe para o piar ou para transmitir unha carga concentrada, no caso de que sirva de apoio a un piar.
As edificacións basicamente presentan tres tipos de vigas, que difiren na forma en que contactan cos seus apoios:
- Viga en balance ou en consola: é unha viga cun só apoio. Toda a carga recibida se transmite a un único punto de fixación.
- Viga biapoiada ou simplemente apoiada: dise das vigas con dous apoios, que poden ser simples ou engastados, xerándose vigas do tipo simplemente apoiadas, vigas con apoio simple e engaste, ou vigas biengastadas.
- Viga continua: dise da viga con múltiples apoios.
As viga feitas en formigón armado son dimensionadas de forma que sexa a súa ferralla lonxitudinal o que resista os esforzos de tracción, non tendo en conta a resistencia á tracción do formigón, por ser esta moi baixa. As vigas de formigón armado reciben unha ferralla secundaria distribuída transversalmente ao longo da viga denominada estribos. Posúen a finalidade de levar até os apoios as forzas cisallantes.
En viadutos e en pontes comunmente as vigas son do tipo biapoiado. Os seus apoios son chamados libres. Así, a estrutura pode oscilar nos seus apoios, evitando a aparición de trincas e permitindo á estrutura oscilar co desprazamento das cargas móbeis recibidas, sen afectar a súa estabilidade.
Perfís
editarElementos obrigatorios no dimensionamento de estruturas simples ou complexas, as vigas posúen diferentes formas de sección, denominadas perfís. Os perfís mais utilizados son o perfil en "I" e o perfil en "T". Para sabermos o peso que pode ser aplicado nunha determinada viga, debemos facer o cálculo das tensións de cisallamento (corte). Para sabermos o momento que pode ser aplicado na viga, deberemos calcular o momento flector.
Terminoloxía
editar- En galego e portugués os termos viga (talvez do latín biga, -ae, carro de dous cabalos) e trabe (pt. trave, do latín trabe-, «idem») son sinónimos plenos segundo o DRAG[1][2] e dicionarios como o Priberam ou a infopedia de Porto Editora.[3]
- En castelán o termo "trabe" é máis común en certas variantes, especialmente en México. Noutras linguas románicas só se emprega un dos termos (en catalán biga; pont de bigues, en italiano trave, ponte a trave).
- En inglés o termo xeral para viga/trabe é beam e a ponte de trabes é beam brige ; Ginder é o termo para trabe-mestra/viga-mestra. Aínda que a ponte de sección de caixa é normalmente un tipo de ponte de trabe (Beam bridge) as trabes mestras de caixa (Ginder) tamén se poden usar en pontes atirantadas e outras.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artugos
editarBibliografía
editar- Cálculo de Concreto Armado V. 1 - Lauro Modesto dos Santos 1977.