Victor Horta
Victor Horta, nado en Gante o 6 de xaneiro de 1861 e finado en Bruxelas o 9 de setembro de 1947, foi un arquitecto belga.
(1900) | |
Nome orixinal | (nl) Victor Petrus Horta |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de xaneiro de 1861 Gante, Bélxica |
Morte | 8 de setembro de 1947 (86 anos) Bruxelas, Bélxica |
Lugar de sepultura | Ixelles Cemetery (en) |
Residencia | House & Atelier Horta (en) (1901–1915) |
Educación | Academia Real de Belas-Artes de Bruxelas (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Lugar de traballo | House & Atelier Horta (en) (1901–1915) |
Ocupación | arquitecto, mestre, urbanista, deseñador, Mestre de obras |
Movemento | Art Nouveau e Art déco |
Profesores | Alphonse Balat |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Outro | |
Título | Baron Horta (en) (1932–1947) |
Cónxuxe | Julia Carlsson (1908–) Pauline Heyse (1881–1906) |
Fillos | Marguerite Horta () Pauline Heyse Simonne Horta () Pauline Heyse |
Pais | Pierre Horta e Henriette Coppieters |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Орта Виктор) Obálky knih, |
Precursor do Art Nouveau, Horta revolucionou o modo de concibir os edificios de vivendas, ampliando desde o tradicional acabado arquitectónico dos proxectos de espazos, internos e externos, ata unha concepción que comprendía tamén o estudo das luces, dos equipamentos, dos decorados das paredes, incluso os obxectos. Segundo a avaliación dun dos seus admiradores, o arquitecto francés Hector Guimard, Horta foi un «arquitecto artista» que concibía a casa como unha obra de arte "total".
Obra (selección)
editarCatro das súas casas privadas (hôtels) están incluídas na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO:
- Hôtel Tassel, proxectado e construído para o Prof. Émile Tassel en 1892 - 1893, 6 rue Paul-Emilie Janson;
- Hôtel Solvay, proxectado e construído en 1895 - 1900, 224 avenue Louise,;
- Hôtel van Eetvelde, proxectado e construído en 1895 - 1898, 2 e 4 avenue Palmerston ;
- Maison e Atelier Horta (Casa e obradoiro Horta), proxectada e construída entre 1898 - 1902, 23-25, rue Américaine, que actualmente alberga o Museo Horta.
Outras obras de Horta son:
En Bruxelas:
- O pavillón das Paixóns humanas (1899), parc du Cinquantenaire, cun baixorrelevo de Jef Lambeaux
- Casa Autrique - 266 chaussée d'Haecht (1893)
- Hôtel Winssinger - 66, rue de l'Hôtel des Monnaies (1894);
- Hôtel Deprez-Van de Velde - 3 avenue Palmerston e 14 rue Boduognat (1896);
- Xardín da infancia, 40 rue Saint-Ghislain (1895 - 1899);
- Hôtel Aubecq, avenue Louise (1899 - 1903, (desaparecido);
- A l'innovation, rue Neuve (1901-1903; incendiado en 1967);
- Grand Bazar Anspach, boulevard Anspach (1903);
- Hôtel Frison;
- Hôtel Max Hallet - 346 avenue Louise (1904);
- Casa do escultor Braecke - 31 rue de l'Abdication (1901-1903);
- Casa e taller de Fernand Dubois - 80, avenue Brugmann(1901-1903);
- Maison du Peuple, (Casa do Pobo) 1896 - 1899 (destruída),
- Almacéns Wolfers frères - 11-13, rue d'Arenberg (1909);
- Hôpital Brugmann (1906-1923)
- Palais des Beaux-Arts de Bruxelles (Pazo das Belas Artes) - rue Ravenstein 1922 - 1928;
- antigos almacéns Waucquez, hoxe Centre belge de la bande dessinée - 20-21, rue des Sables (1903-1906);
- Estación Central - Cantersteen (1947-1952).
En Tournai
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Victor Horta |